O Tour de Francia de 1903 foi a primeira edición da proba ciclista por etapas máis importante do mundo. A carreira foi organizada polo xornal francés L'Auto-Vélo e constou de 6 etapas que se disputaron entre o 1 de xullo e o 19 de xullo. Participantes A carreira contou con 60 participantes, todos profesionales ou semiprofesionais. 49 eran franceses, 4 belgas, 4 suízos, 2 alemáns e 1 italiano. 21 deles levaban publicidade de fabricantes de bicicletas, e os restantes 39 non levaban ningunha publicidade. Houbo outros 24 corredores que participaron ocasionalmente nalgunha das etapas sen disputar a clasificación xeral da carreira.
Os corredores que non eran quen de rematar unha etapa, tiñan a posibilidade de seguir disputando as demais etapas, pero xa non podían competir pola clasificación xeral. Así por exemplo, o suízo Charles Laeser non foi quen de completar a 3ª etapa, pero gañou a 4ª. Etapas Etapa Data Percorrido km Gañador Líder 1.ª 1 de xullo París-Lión 467 Maurice Garin Maurice Garin 2.ª 5 de xullo Lión-Marsella 16px|Etapa de montaña 374 Hippolyte Aucouturier Maurice Garin 3.ª 8 de xullo Marsella-Tolosa 423 Hippolyte Aucouturier Maurice Garin 4.ª 12 de xullo Tolosa-Bordeos 268 Charles Laeser Maurice Garin 5.ª 13 de xullo Bordeos-Nantes 425 Maurice Garin Maurice Garin 6.ª 18 de xullo Nantes-París 471 Maurice Garin Maurice Garin Total 2.428 Maurice Garin Clasificación xeral 250px|miniatura|dereita|Maurice Garin. A seguinte táboa amosa as dez primeiras posicións da clásificación xeral tralo remate do Tour 1903: PosiciónCiclistaPublicidadeTempo 25px Maurice Garin La Française 94h 33' 14" 2 Lucien Pothier La Française + 2h 59' 21" 3 Fernand Augereau La Française + 4h 29' 24" 4 Rodolphe Muller La Française + 4h 39' 30″ 5 Jean Fischer La Française + 4h 58' 44″ 6 Marcel Kerff - + 5h 52' 24″ 7 Julien Lootens Brennabor + 8h 31' 08″ 8 Georges Pasquier La Française + 10h 24' 04″ 9 François Beaugendre - + 10h 52' 14″ 10 Aloïs Catteau La Française + 12h 44' 57″ Véxase tamén
Ligazóns externas Edición 1903 do Tour de Francia
Categoría:Ciclismo en 1903 Categoría:Tour de Francia