Cilha Lourenço Módia, nada na Coruña en 1974, é unha ensaísta galega.

Traxectoria É licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago, doutora pola Universidade da Coruña e profesora contratada doutora na Universidade da Coruña.

En 2020 asumiu a secretaría da AELG.

Obras Ensaio O Teatro Circo na configuración do Teatro Independente Galego (1967-1978) (2013). Laiovento. 350 páxs.

Edición Teatro Circo. Tres textos (2010). Deputación da Coruña. 190 páxs.

Obras colectivas Talía na crónica de nós: dez anos de teatro galego (1990-1999) (2000). Abano, Ourense. Con Carlos Caetano Biscaínho. O ideario teatral das Irmandades da Fala. Estudio e antoloxía (2002) Deputación da Coruña. Con Carlos Caetano Biscaínho. Actas do Congresso Jenaro Marinhas del Valle (2009) Associaçom Galega da Língua. Gramática práctica da lingua galega: comunicación e expresión (2010) Baía. Con Xoán López Viñas e Marisa Moreda Leirado. Con Xoán López Viñas e María Vilariño Suárez, é autora de libros de texto para a ESO en Lingua e Literatura Galega, Baía Edicións.

Vida persoal É filla do dramaturgo Manuel Lourenzo e mais de Montserrat Modia Olalla.

Notas

Categoría: Escritores de Galicia Categoría: Nados na Coruña Categoría: Nados en 1974 Categoría: Profesores da Universidade da Coruña Categoría: Alumnos da Universidade da Coruña Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela