Óscar Díaz González, nado en Madrid o 24 de abril de 1984, é un futbolista profesional español que actualmente xoga de dianteiro no Real Valladolid.
Traxectoria Iniciou o seu camiño nas categorías inferiores do Alcorcón, debutando co primeiro equipo na tempada 2004-05 na Segunda B. As súas boas actuacións lévanlle a asinar polo Real Madrid Castilla, para a tempada 2005-06 na Segunda división. No filial madridista só xoga unha tempada, fichando posteriormente polo Elche da mesma categoría.
Tras dous anos no club ilicitano acepta a oferta do Real Mallorca da Primeira División no verán de 2008, mais finalmente non entra nos plans do seu adestrador, Gregorio Manzano, e para a tempada 2008-09 acepta a proposta de xogar cedido no Celta de Vigo en Segunda.
Na tempada 2009-10 e tras o seu paso polo club vigués, volve ao seu club, o Real Mallorca. No mes de xaneiro de 2010 volta ser cedido até fin de tempada, esta vez no Recreativo de Huelva. Tras esta cesión, e coa carta de liberdade debaixo do brazo, Óscar volve á segunda división, e firma por dous anos co Xerez CD. Aínda que posteriormente pasaría formar parte do cadro de xogadores do Girona FC. O 27 de xullo de 2012 asina co Club Deportivo Lugo para continuar xogando na categoría de Prata. No equipo galego, trala lesión do dianteiro arxentino Mauro Quiroga Ócar Díaz pasaría de xogar de interior a ocupar a posición de dianteiro centro cun notable éxito, converténdose no máximo goleador do Lugo na campaña e de toda a súa historia até o momento no fútbol profesional con 15 tantos.
O 28 de xuño de 2013 asina coa UD Almería para xogar na Primeira División, pagando unha cláusula ao Lugo de 30.000 euros. Tras un ano co equipo almeriense, o 23 de xullo de 2014 é presentado polo Real Valladolid para volver xogar na segunda categoría.
Clubs AnoClubDivisiónPartidosGoles2003-2004Alcorcón B Rexional38272004-2005Alcorcón Segunda B3682005-2006 Real Madrid Castilla Segunda1822006-2007Elche CF Segunda3022007-2008Elche CF Segunda1422008-2009 Celta de Vigo (Cedido) Segunda3432009 Real Club Deportivo Mallorca Primeira002010 Real Club Recreativo de Huelva Segunda1602010-2011Xerez CDSegunda4062011-2012Xerez CDSegunda1202012Girona FCSegunda902012-2013CD LugoSegunda38152013-2014UD AlmeríaPrimeira3042014-2015Real ValladolidSegunda
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com
Categoría:Futbolistas da Comunidade de Madrid Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores da AD Alcorcón Categoría:Xogadores do Real Madrid Castilla Categoría:Xogadores do Elche CF Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do RCD Mallorca Categoría:Xogadores do Recreativo de Huelva Categoría:Xogadores do Xerez CD Categoría:Xogadores do Girona FC Categoría:Xogadores do CD Lugo Categoría:Xogadores da UD Almería Categoría:Xogadores do Real Valladolid Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1984