The Dictator é un filme estadounidense dirixido por Larry Charles que se estreou no 2012. Está producido, guionizado e protagonizado polo actor británico Sacha Baron Cohen.

Sinopse O xeneral almirante Haffaz Aladeen (Sacha Baron Cohen) é un ditador capaz de arriscar a súa vida para impedir que a democracia se estableza no país ó que oprime. Rico en petróleo e bastante illado, o estado norteafricano de Wadiya leva sendo gobernado polo anti-occidental Aladeen dende que este tiña seis anos, cando foi nomeado Líder Supremo trala desafortunada morte do seu pai. Dende que accedeu ó poder absoluto, o conselleiro de máis confianza de Aladeen é o seu tío Tamir (Ben Kingsley), quen exerce de xefe da Policía Secreta, xefe de seguridade e provedor de mulleres. Para desgraza de Aladeen e os seus conselleiros, Occidente comezou a meter os fociños nos asuntos de Wadiya, e Tamir convence a Aladeen de que vaia a Nova York a solucionar a cuestión.

Personaxes Sacha Baron Cohen como o xeneral almirante Aladeen e o seu impostor Efawadh. Ben Kingsley como Tamir. Jason Mantzoukas como Nadal. Anna Faris como Zoey. John C. Reilly como Clayton. Bobby Lee como Mr. Lao. Sayed Badreya como Omar. Adeel Akhtar como Maroush. Fred Armisen como Camareiro ó que mandaron executar. Mark Campbell como Reporteiro da BBC. Edward Norton como El mesmo. Megan Fox como Ela mesma. Gad Elmaleh como Protestante.

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity

Categoría:Filmes de 2012 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua árabe Categoría:Filmes en lingua hebrea Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Paramount Pictures Categoría:Filmes rodados nas Illas Canarias Categoría:Filmes rodados en España Categoría:Filmes rodados en Nova York Categoría:Filmes ambientados en África Categoría:Filmes ambientados en Nova York