Lebu é un municipio (comuna) e cidade de Chile, que tamén é a capital da provincia de Arauco, na Rexión de Biobío, localizada a uns 145 quilómetros ao sur da cidade capital rexional de Concepción. Segundo os resultados preliminares do censo 2012, a comuna ten uns 23.787 habitantes coa maioría na urbe, e a súa área é de 57 km².
O nome da cidade de Lebu débese ao seu río, chamado polos mapuches «Leufu», que significa «río». Pouco a pouco, o nome inicial foi entrando en progresiva castelanización como segue: «Leuvu», «Lebo», «Levo», «Leubu» o «Lebú», até quedar ao final como «Lebu»turismochile.com - Historia de Lebu Consultado o 3 de febreiro de 2014. Limita ao norte coa comuna de Arauco, Los Álamos e Curanilahue, ao oeste co océano Pacífico.
Os xentilicios da comuna son lebuense e lebulense.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas O Municipio de Lebu
Categoría:Cidades da Rexión de Biobío