Alberto Carlos Garzón Espinosa, nado en Logroño o 9 de outubro de 1985, é un economista e político español ligado á Izquierda Unida. Dende xaneiro de 2020 até novembro de 2023 foi o ministro de Consumo do goberno de España, presidido por Pedro Sánchez.
Traxectoria Foi investigador na Universidade Pablo de Olavide de Sevilla, así como membro do colectivo Economía crítica y crítica de la economía. Militante de Izquierda Unida, dende as eleccións xerais de 2011 en España é deputado no Congreso dos Deputados pola dita formación.
Membro da Unión de Juventudes Comunistas de España e militante de Izquierda Unida dende 2003, Garzón é licenciado en Economía pola Universidade de Málaga, cun mestrado en Economía Internacional e Desenvolvemento pola Universidade Complutense de MadridUn riojano miembro del 15-M, cabeza del cartel de IU al Congreso por Málaga, en larioja.com o 3 de outubro de 2011. Tamén é membro de ATTAC (organización que promove o control democrático dos mercados financeiros).Nota biográfica no blog persoal de Alberto Garzón Espinosa.
O 2 de outubro de 2011 foi elixido para encabezar a lista de Izquierda Unida Los Verdes-Convocatoria por Andalucía por Málaga para as Eleccións xerais de España,IULV-CA aprueba sus candidaturas electorales presentando unas listas "cremallera" y "plurales", en 20 minutos o 2 de outubro de 2011. resultando elixido deputado,. sendo o deputado máis novo do congreso nesa lexislatura.
O 29 de novembro de 2011, Garzón e mais o seu compañeiro de filas Cayo Lara convertéronse nos primeiros deputados españois en renunciar ao sistema de pensións privado que se lles concede aos membros do Congreso.Dos diputados de IU renuncian al plan de pensiones que les da el Congreso. El País.
En 2019, tanto nas eleccións xerais de abril coma nas de novembro, Garzón foi cabeza de lista de Unidas Podemos pola circunscrición de Málaga, sendo elixido en ambas ocasións deputado.
Após as eleccións xerais de novembro, formouse en España un goberno de coalición (o primeiro da historia) entre o PSOE e Unidas Podemos, presidido por Pedro Sánchez. Garzón pasou a ocupar o cargo de ministro de Consumo o 13 de xaneiro de 2020, día en que prometeu o cargo.
Obra La crisis financiera. Guía para entenderla y explicarla (2009; canda a Juan Torres López) La crisis de las hipotecas basura. ¿Por qué se cayó todo y no se ha hundido nada? (Editorial Sequitur & ATTAC España, 2009; canda a Juan Torres López) ¿Están en peligro las pensiones públicas? (Editorial Attac España, 2010; canda a Juan Torres López e Vicenç Navarro) Hay alternativas (Editorial Sequitur & Attac España, 2011; canda a Juan Torres López e Vicenç Navarro)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina web Blog de Alberto Garzón Hay alternativas (pdf)
Categoría:Políticos da Rioxa Categoría:Políticos de IU Categoría:Nados en 1985 Categoría:Nados en Logroño Categoría:Alumnos da Universidade de Málaga Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XIV Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XIII Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (X Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XI Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XII Lexislatura) Categoría:Ministros de España Categoría:Ministros do Goberno de España da XIV Lexislatura