Jaime Rey de Roa, nado en Arzúa o 29 de xullo de 1942 e finado en Santiago de Compostela o 25 de xuño de 2016, foi un naturalista e político galego.
Traxectoria Fillo de Emilio Rey Sánchez. Licenciado en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e na do Escorial. Foi conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes (1982-1983) e de Agricultura, Pesca e Alimentación (1983-1984). Foi presidente da Xunta Reitora do Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, secretario de Adena / WWF en Galicia e presidente da Asociación Nacional Frisona. Coordinou o suplemento medio ambiental Ozono publicado por El Correo Gallego. Recibiu o Premio Xunta de Galicia de Medio Ambiente e Conservación da Natureza e o Premio Bandeira Europea do Medio Ambiente.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Noticia en El Correo Gallego
Noticia en Revista Frisona de Confederación de Asociaciones de Frisona Española - CONAFE
Categoría:Conselleiros da Xunta de Galicia Categoría:Nados en Arzúa Categoría:Nados en 1942 Categoría:Finados en 2016 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes