miniatura|Tumba de González Dopeso no cemiterio de Santo Amaro da Coruña. José González Dopeso, nado na Coruña o 28 de maio de 1916 e finado na Coruña o 11 de decembro de 1989, foi un avogado e político galego.
Traxectoria Licenciado en Dereito pola Universidade de Valladolid. Foi letrado da Organización Sindical (1940-1945). Foi concelleiro da Coruña entre 1952 e 1958. Foi presidente do Español de Santa Lucía, da Federación Galega de Boxeo e do Club de Tenis da Coruña, ademais de vicepresidente do Deportivo da Coruña e da Federación Galega de Tenis. Tamén presidiu o Fabril na época en que este se fusionou co Club Deportivo Xuvenil e pasou a ser filial do Deportivo da Coruña. Foi elixido deputado no Parlamento de Galicia pola Coruña na I lexislatura (1981-1985), por Alianza Popular. En 1982 foi nomeado conselleiro de Xustiza e Interior. Foi fundador e presidente de Amigos de La Coruña (1972) e abandonou Alianza Popular en 1987 e presentouse á alcaldía da Coruña por Unión Coruñesa.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia por AP Categoría:Conselleiros da Xunta de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1916 Categoría:Finados en 1989 Categoría:Deputados da I Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Políticos de AP Categoría:Presidentes de clubs de fútbol de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Valladolid