Félix Moreno Astray, nado en Santiago de Compostela en 1841 e finado en Alcázar de San Juan o 21 de abril de 1880, foi un sacerdote, xornalista e escritor galego.

Traxectoria miniatura|Los precursores de Murguía. Na súa época de seminarista fundou e dirixiu o Álbum Literario de Galicia. E ao rematar os estudos dirixiu El Diario e colaborou en La Estrella Compostelana. Ordenouse sacerdote e en Santiago de Compostela fundou unha imprenta onde editou El Diario de Santiago e a revista teolóxica El Cura de Aldea. A partir da Revolución de 1868 abandonou a relixión católica e dedicouse a predicar a relixión presbiteriana. Inscribiuse na Igrexa Evanxélica de Madrid para formarse como pastor. En 1870 marchou como misioneiro á arquidiocese de Toledo e na vila de Camuñas, coa axuda do alcalde republicano federal Luis Villaseñor, permaneceu varios anos logrando converter a noventa familias. En 1874 trasladouse a Alcázar de San Juan e fundou o periódico El Correo de La Mancha (1874-1875).

Influencia noutros autores A obra de Félix Moreno Astray gozou dun certo recoñecemento entre os seus contemporáneos. Alén de ser citado entre os precursores do galeguismo por Murguía, a súa obra foi fonte de inspiración para intelectuais como Alfredo Brañas, quen menciona a súa Historia de la ciudad compostelana en El regionalismo.

Obras Santiago pintoresco, monumental, artístico y literario. Historia de la ciudad compostelana, 1863. El viagero en la ciudad de Santiago, 1865. Luisa (poemario).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía (1886). Los precursores. A Coruña, Biblioteca Gallega, La Voz de Galicia. González Raposo, Benito Félix Moreno Astray: Un heterodoxo gallego. Outros artigos Precursores Ligazóns externas Biografía en protestantedigital.com

Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Xornalistas de Santiago de Compostela Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Pastores protestantes de Galicia Categoría:Nados en 1841 Categoría:Finados en 1880 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público