A anxiostatina é unha proteína que se encontra nos humanos e outras especies. É un inhibidor endóxeno da anxioxénese (é dicir, bloquea o crecemento de novos vasos sanguíneos), e utilízase actualmente en ensaios clínicos en terapias contra o cáncer, xa que os tumores necesitan a formación de novos vasos sanguíneos para crecer.Safety and Efficacy Study of rhAngiostatin Administered in Combination With Paclitaxel and Carboplatin to Patients With Non-Small-Cell Lung Cancer - ClinicalTrials.gov
Estrutura A anxiostatina é un fragmento de 38 kDa dunha proteína de maior tamaño, a plasmina (un fragmento de plasminóxeno) que comprende os catro primeiros módulos con dominios kringle do plasminóxeno. Cada módulo contén dúas pequenas láminas beta e tres enlaces disulfuro. A estrutura cristalográfica de raios X da anxiostatina xa foi determinada.Abad MC, Arni RK, Grella DK, Castellino FJ, Tulinsky A, Geiger JH. The X-ray crystallographic structure of the angiogenesis inhibitor angiostatin. J Mol Biol. 2002 May 10;318(4):1009-17. PMID 12054798.
Síntese A anxiostatina pode producirse por escisión autoproteolítica do plasminóxeno, que implica a redución de enlaces disulfuro extracelulares pola fosfoglicerato quinase. Ademais a anxiostatina pode ser escindida do plasminóxeno por diferentes metaloproteinases (MMPs), tales como a elastase, antíxeno prostático específico (PSA), serina protease de 13 kD , endopeptidase de 24 kD.J. H. Geiger1, S. E. Cnudde. What the structure of angiostatin may tell us about its mechanism of action. Journal of Thrombosis and Haemostasis. Volume 2, Issue 1, pages 23–34, January 2004. DOI 10.1111/j.1538-7836.2004.00544.x. A anxiostatina pode producirse tamén a partir da proteólise da plasmina.Paul Stathakis, Melinda Fitzgerald, Lisa J. Matthias, Colin N. Chesterman and Philip J. Hogg. Generation of Angiostatin by Reduction and Proteolysis of Plasmin Catalysis by a Plasmin Reductase Secreted by Cultures Cells. The Journal of Biological Chemistry.
Actividade biolóxica A anxiostatina é coñecida por unirse a moitas proteínas, especialmente a anxiomotina e ATP sintase da superficie de células endoteliais, tamén a integrinas, anexina II, receptores C-met, proteoglicanos NG2, activador do plasminóxeno tisular, condroitín sulfato de proteoglicanos, e o CD26. Ademais, os pequenos fragmentos de anxisotatina poden unirse a varias outras proteínas. Aínda hai certa incerteza sobre o seu mecanismo de acción, mais parece implicar a inhibición da migración de células endoteliais, a proliferación e a indución da apoptose. Propúxose que a actividade da anxiostatina está relacionada, entre outras cousas, coa combinación das súas propiedades mecánicas e redox.
Notas
Categoría:Proteínas