Manuel Crestar Díaz, nado en Betanzos o 21 de decembro de 1900, foi un debuxante galego.
Traxectoria Estivo emigrado uns anos en Cuba. Pertenceu á Irmandade da Fala de Betanzos. Realizou a súa primeira exposición na Coruña en 1921. Durante a Segunda República simpatizou coas correntes progresistas da cultura e coas ideas libertarias; frecuentou na capital coruñesa o parladoiro de Luís Huici, xunto con Luís Seoane, Francisco Miguel, Xenaro Ruano, Álvaro Cebreiro e José Villaverde. Pasou a Guerra Civil en Madrid onde colaborou no periódico Galicia Libre, voceiro da Agrupación de Gallegos Libertarios. Trasladouse a Valencia en 1938, pertenceu á directiva da Agrupación de Gallegos Libertarios. Publicou os seus gravados e caricaturas en Galicia, Alfar, El Pueblo Gallego, Galicia Gráfica e Céltiga. Pasou a Francia en 1939 e alí se perde a súa pista.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Luísa Crestar Díaz
Ligazóns externas
O artista betanceiro Manuel Crestar. Entre a bohemia e o compromiso
Categoría:Debuxantes de Galicia Categoría:Ilustradores de Galicia Categoría:Exilio galego Categoría:Nados en Betanzos Categoría:Nados en 1900 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Finados en ano descoñecido