Os apusozoos (Apusozoa) son un filo que comprende varios xéneros de protozoos flaxelados, creado por Cavalier-Smith. Teñen un tamaño entre 5-20 μm, e aparecen en solos e hábitats acuáticos, onde se alimentan de bacterias. Agrúpanse xuntos por teren unha cuncha ou teca orgánica por debaixo da superficie dorsal da célula.
O seu nome deriva do grego (ἄπους + ζῷον) e significa "animais sen pés".
Clasificación Distínguense tres ordes, a miúdo tratados como grupos separados: apusomónadas, anciromónadas e hemimastíxidos.
Nome Xéneros Flaxelos Cristas mitocondriais apusomónadas Apusomonas e Amastigomonas. Algunhas fontes subdividen este grupo. biflaxelados tubulares anciromónadas Ancyromonas biflaxelados aplanadas hemimastíxidos (tamén chamados espironémidos ou hemimastigóforos) Hemimastix, Spironema, e Stereonema multiflaxelados tubulares
Suxeriuse que Mantamonas fose clasificado tamén como Apusozoa.
Características As apusomónadas e anciromónadas teñen dous flaxelos inseridos formando un ángulo de 90º, preto da parte anterior da célula. Móvense escorregando, usando un dos flaxelos para arrastrarse por un lateral e o outro dirixido ao lado anterior. Porén, os hemimastíxidos teñen múltiples flaxelos, dispostos en ringleiras desde a parte anterior da célula cara á posterior.
A forma das mitocondrias varía nas diferentes ordes. Nas apusomónadas as cristas mitocondriais son tubulares; as anciromónadas teñen cristas aplanadas, e os hemimastíxidos teñen cristas saculadas ou ambiguas. Esta característica foi considerada orixinalmente un bo indicador para establecer as relacións entre eles, pero hoxe sabemos que varía mesmo entre grupos estreitamente emparentados.
Relacións con outros eucariotas Nas árbores evolutivas moleculares, as apusomónadas e anciromónadas agrúpanse xuntas, pero as súas relacións con outros eucariotas son incertas.
Aínda que ás veces foron incluídos no grupo dos Rhizaria, baseándose nas secuencias do xene do ARNr de 18S, concluíuse que os Apusozoa non están directamente emparentados cos outros Rhizaria.
Cavalier-Smith, nunha publicación en colaboración con Alexandra Stechmann, postulou que os Apusozoa pertencían ao clado dos bicontos. Pode ser unha das liñaxes bicontas máis diverxente.
Máis recentemente foron agrupados cos unicontos. Propúxose que poderían estar relacionados cos opistocontos.
Notas
Categoría:Protistas