Gonzalo Brañas Sánchez-Boado, nado na Coruña en 1840 e finado na mesma cidade o 17 de xuño de 1903, foi un xornalista e escritor galego.
Traxectoria Fillo do primeiro matrimonio de Vicente María Brañas Valseca (o pai de Alfredo Brañas). Farmacéutico. Dirixiu La Ilustración de La Coruña e en 1862 fundou, xunto a Ezequiel Fernández Miranda, o xornal El Avisador (que despois pasou a chamarse El Anunciador). Colaborou en La Unión Gallega.
Obras Poesía Barcarola cantada por los carpinteros, 1864. La luz en la noche, 1902.
Narrativa Páginas sociales, 1861. María Pita, 1863. Amante y española, 1864. Inocencia, 1881
Traducións ao castelán La mujer del collar de terciopelo (1861), de Alexandre Dumas. La puritana y el hombre de los bosques (1862), de Eugène Nus. Mademoiselle La Fayette (1864), de Paul Molé-Gentilhomme.
Vida persoal Casou con Consuelo Fernández Miranda e foi pai dos científicos Gonzalo e Celia Brañas Fernández.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Brañas, Gonzalo, artigo na Gran Enciclopedia Galega.
Categoría: Xornalistas da Coruña Categoría: Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría: Nados na Coruña Categoría: Nados en 1840 Categoría: Finados en 1903 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos