José del Valle Vázquez, nado en Sabadelle (Chantada) o 8 de marzo de 1916 e finado en Málaga o 7 de xaneiro de 1982, foi un político galego.
Traxectoria Residiu en Santiago de Compostela, onde estudou o bacharelato no Instituto Arcebispo Xelmírez. Militante da Comuñón Tradicionalista Carlista na que ingresou en 1931. Comezou os estudos de Dereito en 1934, que interrompeu co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 para alistarse no exército sublevado, onde combateu como tenente da Legión Española. Foi ferido en dúas ocasións e obtivo a condición de cabaleiro mutilado. Rematou os estudos de Dereito. Foi xestor da Deputación da Coruña, delegado comarcal de Información e Investigación e alcalde de Santiago de Compostela (1941-1943).ABC-Madrid, 9 de outubro de 1943. Datos Biográficos de los nuevos Jefes Provinciales. Foi procurador nas Cortes Españolas durante a primeira lexislatura do franquismo (1943-1944). En outubro de 1943 foi nomeado Xefe provincial do Movimiento e gobernador civil de Cuenca. Foi gobernador de Lugo de 1948 a 1957. Posteriormente foi Delegado Provincial de Vivenda (ata 1972), Administrador de Bens da Diocese de Lugo e xerente de Radio Popular de Lugo.
O 23 de maio de 1963, diante da campaña pola liberdade relixiosa, e a marcha do Concilio Vaticano II, firmou como representante carlista de Galicia o manifesto: El carlismo y la unidad religiosa.Un poco de historia: El Carlismo durante Franco Finou a consecuencia dun infarto no barco que o levaba de Melilla a Málaga o 7 de xaneiro de 1982.La Voz de Galicia, Lugo, 8-1-1982, p. 26. Recoñecementos Gran Cruz do Mérito Civil.
Medalla ao Mérito Agrícola.
Medalla de Sufrimentos pola Patria. Vida persoal
Casou con María Teresa Chousa García e foi pai de José María, Santiago, Carlos, Fernando, Antonio, María Teresa, Darío e Javier del Valle Chousa.La Voz de Galicia, 9-1-1982, p. 63. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Alcaldes de Santiago de Compostela Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Procuradores en Cortes galegos Categoría:Gobernadores civís de Lugo Categoría:Nados en Chantada Categoría:Nados en 1916 Categoría:Finados en 1982 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Gobernadores civís de Cuenca Categoría:Carlistas de Galicia