Juan Ferreira Caamaño e Lemos, nado en Treos (Vimianzo) o 18 de agosto de 1803 e finado en Madrid o 17 de maio de 1868, foi un avogado e político galego.

Traxectoria Licenciado en Leis e Canons pola Universidade de Santiago de Compostela (1829), traballou como avogado ata 1832, cando se iniciou na xudicatura. Foi comandante da milicia nacional e defendeu os territorios da súa xudicatura contra as faccións carlistas. Tralo golpe de Espartero foi destituído e perseguido ata o regreso dos moderados ao poder. En 1844 foi nomeado gobernador civil de Lugo e desde ese ano foi elixido deputado no Congreso ata a lexislatura de 1864 (agás no período progresista de 1854-1856), pola provincia da Coruña (1844-1846) e polos distritos de Cee (1846-1850, 1851-1864) e Carballo (1850-1851). Foi nomeado senador vitalicio (1863).

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha no Congreso dos Deputados Ficha no Senado

Categoría:Gobernadores civís de Lugo Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Senadores de Galicia Categoría:Nados en Vimianzo Categoría:Nados en 1803 Categoría:Finados en 1868 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela