José Mouriño Estévez, nado en Sabuz (Anfeoz, Cartelle) o 28 de decembro de 1866 e finado en Bogotá o 29 de xullo de 1928, foi un frade historiador galego, tamén coñecido polo pseudónimo de Marqués de Sabuz.
Traxectoria miniatura|La literatura medioeval en Galicia. En 1881 ingresou no colexio dos agostiños de Valladolid, tomando o hábito en 1882. Estudou en Burgos e no Escorial, adicándose ao ensino dende 1883. Foi destinado ás Filipinas en 1890 e a Colombia en 1896.
Obra Como redactor da revista agostiña España y América publicou máis de 160 artigos sobre literatura galega, segundo Couceiro Freijomil non sempre acertados.
Algúns dos seus traballos están recollidos en La literatura medioeval en Galicia, con prólogo de Bruno Ibeas, editado en Madrid pola Compañía Ibero-Americana de Publicaciones no ano 1929.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Gran Enciclopedia Galega, Mouriño Estévez, José. Enciclopedia Galega Universal, Mouriño Estévez, Xosé Outros artigos Lista de pseudónimos e sobrenomes galegos
Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Nados en Cartelle Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Galegos de Venezuela Categoría:Nados en 1866 Categoría:Finados en 1928 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos