O Gran Premio da Arxentina de 1956 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 22 de xaneiro de 1956 no Autódromo 17 de Octubre de Buenos Aires. Foi a primeira carreira da tempada de .
Coa retirada de Mercedes da Fórmula Un, Fangio e Moss comezaron a tempada con novos equipos. Fangio uniríase a Ferrari, mentres que Moss marcharía ao equipo Maserati. A grella na Arxentina estaba composta completamente de coches italianos. Ferrari e Maserati presentaronse con cinco coches cada un. Os outros tres coches foron Maserati: dous equipos privados e Hawthorn co equipo BRM.
Ferrari dominou a práctica e ocupou as tres primeiras posicións da grella con Fangio na pole cun tempo 2´2 segundos máis rápido que o segundo. Con todo, Maserati dominou a carreira desde o inicio con Menditeguy e Moss líderando na pista. Fangio coa bomba de combustible defectuosa, fíxose cargo do coche de Musso coche na volta 29 e volveu entrar no quinto lugar. Fangio pasou rapidamente a Behra pero perdeu a súa posición tras facer un trompo. Das voltas 40 á 43 o desastre chegou aos líderes. A caixa de cambios de Castellotti, terceiro, rompeu, Menditguy deixou o liderado cun eixo de transmisión roto, e o motor do novo líder, Moss púxose a fumegar. Fangio, que superara a Behra, pasou ao renqueante Moss na volta 66 e terminou sen rivaís logo dun trompo de Behra. A carreira non estivo exenta de polémica cando o director deportivo de Maserati presentou unha protesta porque Fangio foara empuxado. Con todo, a protesta foi rexeitada polos comisarios e a FIA.
Clasificación Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 34 Luigi Musso Juan Manuel Fangio Ferrari 98 3:00:03.7 3 45 2 4 Jean Behra Maserati 98 +24.4 segs 4 6 3 14 Mike Hawthorn Maserati 98 +2 voltas 8 4 4 10 Chico Landi Gerino Gerini Maserati 92 +6 voltas 11 1´51´5 5 38 Olivier Gendebien Ferrari 91 +7 voltas 10 2 6 16 Alberto Uria Óscar González Maserati 88 +10 voltas 13 Ret 2 Stirling Moss Maserati 81 Motor 7 Ret 36 Peter Collins Ferrari 58 Accidente 9 Ret 8 Luigi Piotti Maserati 57 Accidente 12 Ret 6 Carlos Menditeguy Maserati 42 palier 6 Ret 32 Eugenio Castellotti Ferrari 40 Caixa de cambios 2 Ret 12 José Froilán González Maserati 24 Motor 5 Ret 30 Juan Manuel Fangio Ferrari 22 Bomba gasolina 1
Posicións logo da carreira Pos Piloto Puntos 1 Jean Behra 6 2 Juan Manuel Fangio 5 3 Luigi Musso 4 4 Mike Hawthorn 4 5 Olivier Gendebien 2 Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos.
Notas
Pole position: Juan Manuel Fangio - 1:42.5 Volta rápida: Juan Manuel Fangio - 1:45.3 Líderes por volta: José Froilán González 3 voltas (1-3) Carlos Menditeguy 39 voltas (4-42) (primeiras voltas como líder) Stirling Moss 24 voltas (43-66) Juan Manuel Fangio 32 voltas (67-98) Unidades compartidas: Coche 34: Luigi Musso (30 voltas) e Juan Manuel Fangio (68 voltas). Compartiron os 8 puntos do primeiro posto. Coche 10: Chico Landi (46 voltas) e Gerino Gerini (46 voltas). Compartiron os 3 puntos do cuarto posto. Coche 16: Alberto Uria (44 voltas) e Óscar González (44 voltas). Primeiro Gran Premio para: Olivier Gendebien e Gerino Gerini. ünica aparición nun Gran Premio de Óscar González. Derradeiro Gran Premio para: Chico Landi e Alberto Uria. Primeira vez: Luigi Musso (gañador); Olivier Gendebien, Gerino Gerini, e Chico Landi (puntos).
Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 de 1956 Categoría:Gran Premio da Arxentina de Fórmula 1