O Joensuun Kiekko-Pojat ou JoKP (Mehtimäki Oy) é un equipo de hóckey sobre xeo semiprofesional da cidade de Joensuu (Finlandia). Xogou tres veces na máxima categoría do hóckey sobre xeo finlandés, a primeira delas na extinta SM-sarja durante a tempada 1971-72, finalizando na última posición da táboa; as outras dúas veces foron na SM-liiga, antes de que se pechara a liga, nas tempadas 1989-90 e 1991-92. O club foi coñecido entre 2001 e 2020 co nome de Jokipojat pasando ese ano á denominación que o club tivo durante a meirande parte da súa historia, Joensuun Kiekko-Pojat ou JoKP.
Pavillón
miniatura|dereita|O Mehtimäen jäähalli. Os Joensuun Kiekko-Pojat xogan os seus partidos como locais no Mehtimäen jäähalli, tamén coñecido dende oo 29 de novembro de 2017 como PKS Areena polo acordo de patrocinio con Pohjois-Karjalan Sähkö. O pavillón é obra do arquitecto grego-finlandés Geórgios Fasoulás, a súa construción comezou en 1981 e foi finalizado en 1982. Ten unha capacidade máxima de 4 800 persoas.
O primeiro partido oficial no pavillón tivo lugar o 7 de outubro de 1982 coa vitoria do equipo local fronte a Sport (6-2) ante 3 350 persoas.
No mesmo edificio, amais da pista principal hai dúas pistas de adestramento construídas en 2002 e 2019.
Personalidades Xogadores Números retirados Números retirados dos Joensuun Kiekko-Pojat NºXogadorPosiciónCarreiraData da retiradaReferencias 1 Tapio Pohtinen G 1966-1986 13 de febreiro de 2010 9 Hannu Kapanen F 1968-691980-85 5 de marzo de 2008 15 Lauri Mononen RW 1966-671984-85 3 de xaneiro de 1993 25 Markku Kyllönen F 1980-851989-94 14 de febreiro de 2012
Palmarés Trofeos colectivos I-divisioona/Mestis A Mestis-pokaali (Copa Mestis) é entregada anualmente ao equipo vencedor dos play-offs e, polo tanto, campión da Mestis. É o trofeo principal da competición. Se ben equipo gañou o trofeo unha vez dende a creación da Mestis en 2001, anteriormente proclamárase catro veces máis da segunda categoría do hóckey sobre xeo finlandés, facendo un total de cinco títulos: 1989, 1991, 1993, 1997, 2010. 4 medallas de prata como segundo clasificado dos play-offs: 1983, 1994, 2009, 2012. 2 medallas de bronce como terceiro clasificado dos play-offs: 1984, 2016.
Suomi-sarja Os Kiekko-Pojat gañaron a liga de terceira categoría en dúas ocasións: 2004, 2015. 1 medalla de bronce como terceiro clasificado da liga: 2003.
Trofeos individuais Trofeo Jouni Rinne: outorgado ao máximo puntuador durante a tempada regular. Foi entregado por primeira vez na tempada 1992-93, cando a segunda categoría do hóckey sobre xeo finlandés era denominada aínda I-divisioona. Un único xogador do equipo recibiu este galardón, sendo ademais o primeiro en obter o recoñecemento e o primeiro estranxeiro: Ľubomír Kolník: 1993 Trofeo Kai Nurminen: entregado cada ano dende a tempada 1987-88 ao máximo goleador da segunda categoría. Dous xogadores dos Kiekko-Pojat gañaron o trofeo: Markku Kyllönen: 1991 Ľubomír Kolník: 1993
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Equipos de hóckey sobre xeo de Finlandia Categoría:Antigos equipos da SM-liiga Categoría:Deporte en Joensuu