O distrito de Amuria é un distrito da Rexión Leste de Uganda, chamado así pola súa poboación capital, Amuria. Segundo o censo do ano 2002 tiña unha poboación de arredor de 183.800 habitantes.
Limita co distrito de Otuke polo norte, co distrito de Napak polo nordeste, co distrito de Katakwi polo leste, co distrito de Soroti polo sur, co distrito de Kaberamaido polo suroeste e co distrito de Alebtong polo oeste.
O distrito foi creado no ano 2005. Anteriormente formaba parte do distrito de Katakwi. Abrangue dous condados: Amuria e Kapelebyong. Ademais do concello de Amuria, posúe os seguintes subcondados: Abarilela Asamuk Kuju Orungo Morungatuny Wera Obalanga Achowa Kapelebyong
Forma parte da subrexión de Teso, lar duns dous millóns e medio de persoas das etnias iteso e kumam.
A actividade económica do distrito baséase na agricultura e a gandaría.
Véxase tamén Ligazóns externas
Amuria