Ramón González Brunet, nado en Vigo c. 1886 e finado na mesma cidade o 27 de agosto de 1936, foi un político e sindicalista galego.
Traxectoria Membro da Unión General de Trabajadores (UGT), da que foi dirixente en Vigo, e do Partido Socialista Obrero Español (PSOE), sufriu a represión posterior ás xornadas de folga de 1917 e da ditadura de Primo de Rivera. Foi elixido concelleiro de Vigo nas eleccións de 1931 que deron lugar á proclamación da República.
Tras o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi procesado por sedición militar e reclamado polo Xulgado Militar de Vigo mediante requisitoria o 2 de agosto;El Pueblo Gallego, 4-8-1936, p. 2. estaba escondido na casa de Benito Alonso Valiñas e Angelina Montero Franqueira, os pais de Xesús Alonso Montero, que rexentaban a taberna El Recreo, mais foi descuberto o 3 de agosto. Xulgado en consello de guerra sumarísimo e condenado a morte, foi executado no Cemiterio de Pereiró xunto aos deputados Ignacio Seoane, Enrique Heraclio Botana e Antonio Bilbatúa Zubeldía, o alcalde, Emilio Martínez Garrido, o alcalde de Lavadores, José Antela, o mestre e pedagogo, Apolinar Torres e os dirixentes socialistas Ubaldo Gil Santóstegui e Manuel Rey Gómez."Lo más selecto" de Vigo en 1936, El País, 28 de agosto de 2008, consultado o 27 de agosto de 2012.
Notas
Categoría:Sindicalistas da UGT Categoría:Concelleiros de Galicia polo PSOE Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1886 Categoría:Concelleiros de Vigo Categoría:Sindicalistas de Galicia Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos