La Hora foi un semanario editado en Pontevedra entre 1931 e 1936.
Historia e características Subtitulado Semanario de izquierdas, apareceu o 15 de maio de 1931. Foi dirixido polo presidente da Sociedad de Tipógrafos (UGT), José Arán Vázquez. Co número 50, en xuño de 1932, cambiou o seu subtítulo por Semanario socialista, converténdose en voceiro oficioso da agrupación local do PSOE. Fíxose cargo da dirección Ramiro Paz Carbajal a quen sucedeu Delmiro Sarmiento dende xaneiro de 1934,La Hora, 13-1-1934, p. 2. e Emilio Villar a partir de xullo.La Hora, 14-7-1934, p. 3. Interrompeu a súa publicación pola represión desatada logo da folga xeral revolucionaria de 1934. Na súa segunda xeira foi dirixido por Ramiro Paz Carbajal. Entre os seus colaboradores estaban Sebastián Rodríguez Carranza, Ramón Barreiro Rodríguez, Luís Carragal Peón, José Gómez Osorio, Amando Guiance Pampín, Julián Zugazagoitia e Sócrates Gómez. Mantívose ata o 18 de xullo de 1936.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos ¡¡Revolución!! Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra
Categoría:Prensa escrita de Pontevedra Categoría:Prensa socialista Categoría:1931 en Galicia