As eleccións autonómicas de Galicia de 2012 foron as novenas eleccións ao Parlamento de Galicia dende a súa constitución e celébranse a falta de medio ano para o remate da lexislatura.

Data de celebración Logo de varias semanas de ruxerruxe sobre un posible adianto, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo anunciou a convocatoria de eleccións para o 21 de outubro de 2012,Decreto 174/2012, do 27 de agosto, de disolución do Parlamento de Galicia e de convocatoria de eleccións, DOG. é dicir, case cinco meses antes da data do remate da lexislatura. As eleccións coincidirán de novo coas eleccións ao Parlamento vasco, por segunda vez consecutiva, comicios que foran convocados semanas antes. As razóns aducidas por Núñez Feijoo para o adianto foron as de "darlle a maior estabilidade a Galicia".Alberto Núñez Feijóo convoca elecciones anticipadas en Galicia el 21 de octubre, 20Minutos, 27/08/2012.

Candidatos miniatura|dereita|150px|Núñez Feijóo, candidato do PPdG Os candidatos á presidencia da Xunta de Galicia son: Alberto Núñez Feijóo, polo PPdG. Pachi Vázquez, polo PSdeG-PSOE. Francisco Jorquera polo Bloque Nacionalista Galego. Xoán Bascuas, por Compromiso por Galicia. José Canedo Santos, por Unión Progreso y Democracia. Carlos Vázquez Padín, por Converxencia XXI. Mario Conde, por Sociedad Civil y Democracia.

As demais formacións non presentan formalmente ningún candidato á presidencia da Xunta.

Candidatos por circunscricións Nas eleccións ao Parlamento Galego existen catro circunscricións, e cada unha delas corresponde coas provincias. Os electores censados no estranxeiro non teñen circunscrición de seu.

Candidatos por circunscricións (partidos con representación) Partido A Coruña Lugo Ourense PontevedraPPBeatriz MatoRaquel AriasXesús Vázquez AbadAlberto Núñez FeijóoPSdeG-PSOE Francisco Caamaño Concepción Burgo Pachi Vázquez Abel LosadaBNGFrancisco JorqueraCosme PomboTareixa PazCarlos AymerichAGECoalición electoral formada por ANOVA, Esquerda Unida, Ecosocialistas e EQUO.Xosé Manuel BeirasRamón Vázquez DíazDavid Fernández CalviñoJuan Manuel Fajardo Candidatos por circunscricións (partidos sen representación) Partido A Coruña Lugo Ourense PontevedraCDLTomás Andrés RevueltaTeresa Sánchez CastroLuis Fraga RegoJosé Manuel PalacínCxGXoán BascuasIván MarrubeXosé Manuel Pérez BouzaRafael CuíñaC. XXIMateo FrancoGarcilaso de la Vega LópezEnrique CarballoCarlos Vázquez PadínEscanos en brancoDiego Otero GarcíaJosé María Pérez de SaLuís María Rodríguez de UñaPurificación Iglesias PazosFE JONSMartín CarricarteJosé Luís Díaz HernándezJosé Ángel FreireJosé Francisco Castro PérezPACMAMónica Teresa MartínJuana María PardoRosa Isabel JarrínGloria CubasPT http://galiciaconfidencial.com/nova/11517.html ; http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120919/AnuncioC3C1-180912-0003_gl.htmlDaniel CousoMarcos CeleiroIrene VeigaMarta ToledanoSCyDFrancisco Javier Fernández TarríoMarcos CarballoEnrique MartíMario CondeUCESara PugaRosa Estefanía PérezSergio Pérez MiguelDivina Pastora FernándezUPyDJosé Antonio de LorenzoAgustín GallegoLaureano BermejoJosé Canedo Santos

Tamén se presentaron os seguintes partidos ou formacións nalgunhas circunscricións: Comunistas da Galiza, polas provincias da Coruña e Pontevedra. Partido Humanista, partido de centro-esquerda, pertencente á Internacional Humanista, que se presenta nas circunscricións da Coruña e Pontevedra. Partido Integración Comunitaria (PYC), formación integrada por persoas da comunidade latinoamericana de Galicia, que debuta nuns comicios. Preséntase na circunscrición de Lugo e na de Ourense. Piratas de Galicia, formación vinculada ao movemento Pirata, que se presenta por vez primeira aos comicios galegos. PUM+J, formación de esquerda social que se presenta por Ourense e Pontevedra. Democracia Ourensana (DO), partido localista, que ten dous concelleiros na corporación de Ourense, e que se presenta pola circunscrición provincial de Ourense. Saín, ou Solidaridad y Autogestión Internacionalista, partido relixioso católico. Preséntase pola Coruña. Hartos.org e voto en branco, formación electoral antisistema, que se presenta só na circunscrición de Lugo Acción Democrática de Centro de Galicia (ADCG), partido de centro liberal que se presentou anteriormente aos comicios municipais por Nigrán, e que agora concorre á provincia de Pontevedra. Partido Social Democrático de Dereito (SDD), partido conservador que concorre unicamente en Pontevedra. Demos el Cambio, formación que concorre unicamente en Pontevedra. O seu número 2 é un cidadán de Vigo vinculado ás manifestacións en prol da dación en pago. Unión Coruñesa: partido coruñesista liderado por Carlos Marcos, que só se presenta na Coruña.

Sondaxes Sondaxe PP PSdeG-PSOE BNG UPyD AGE CxG Outros Non decididoEleccións de 200947,09%29,93%16,57%1,46%0,99%Resultados obtidos por Esquerda Unida, un dos compoñentes da actual AGE--1,1% Escanos 38 25 12 00--0La Voz de Galicia(12/2010)48,7%27,1%14,9%-9,3%--- Escanos 40 23 12-----La Voz de Galicia(2/2011)49,2%24,8%14,5%----- Escanos 42 21-22 11-12-- ---La Voz de Galicia(4/2012)46,1%26,9%13,3%----13,7% Escanos 41 24 10-----La Razón(3/9/2012)40,6%28,4%11,9%4,1%4,4%5%3,1%2,5% Escanos 34-37 24-25 10 0-2 1-2 2 0 - -La Voz de Galicia(09/2012)43,4%26,4%11,5%6,1% Escanos 39 24 9 3 - -La Razón(16/9/2012)48,0%32,4%13,8% - Escanos 36-38 24-26 9-10 - - -La Razón(16/9/2012) - Escanos 37-39 23-24 7-10 0-2 3-4 1-2 0 -CIShttp://ep00.epimg.net/descargables/2012/10/05/3cc600d22e0c657897c891d458872ad0.pdf(5/10/2012)44,1%28,2%15,6%1,0%4,6% 37% Escanos 38 23-24 12-13 0 1 0 0 -

Enquisas Algunhas enquisas de participación libre en Internet:

Enquisa sobre as Eleccións Autonómicas de Galicia 2012 Enquisa: intención de voto para o 21-O

A campaña

Principais acontecementos Días antes de que comezase a campaña electoral, unha pescuda xudicial (Operación Pokémon) levou a detención de Francisco Rodríguez Fernández, alcalde de Ourense polo PSdeG, acusado de suborno e prevaricación. Tamén foron detidos entre outros o alcalde Partido Popular de Boqueixón, Adolfo Gacio, ou o expresidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Francisco Fernández Liñares.

Lemas PPdG: Precampaña: "Galicia por riba de todo"; campaña: "Galicia primeiro" PSdeG: Precampaña: "Galicia quere, Galicia pode"; campaña: "É o momento, Galicia decide" AGE: "Hai que paralos" BNG: Precampaña: "En bloque, podemos!"; campaña: "Para facerlles frente" CXG: "A túa voz" UPyD: "Somos libres"

Resultados Número de votos que obtiveron as principais candidaturasXunta Electoral de Galicia, Diario Oficial de Galicia, 7/10/2012.: ← Eleccións ao Parlamento de Galicia 2012 → Presidente e goberno Partido Candidato Votos % +/- Escanos +/- Presidente: Alberto Núñez Feijóo Goberno: PPdGPP Alberto Núñez Feijóo 661.281 45,72 % -17,2 % 41 +3PSdeG-PSOE Pachi Vázquez 297.584 20,53 % -10,49 18 -7Alternativa Galega de Esquerda Xosé Manuel Beiras 200.828 13,99 % +13,92 % 9 +9BNG Francisco Jorquera 146.027 10,16 % -5,85 % 7 -5UPyD José Canedo Santos 21.335 1,48 % +0,07 %Escanos en Branco 17.141 1,19 %Sociedad Civil y Democracia Mario Conde 15.990 1,1 %CxG Xoán Bascuas 14.586 1,01 %PACMA 8.041 0,54 %DO 4.245 0,29 %+0,23 %Partido da Terra 3.131 0,22 %Comunistas da Galiza1.6640,11 %Unificación Comunista de España1.5560,1 %Piratas de Galicia1.5510,1 %CDL1.4550,09 %Falange Española de las JONS1.3520,09 %+0,05Partido Humanista de España1.3400,09 %+0,02PUM+J1.3290,08 %-0,13 %Unión Coruñesa1.1720,07%Converxencia XXI Carlos Vázquez Padín1.0720,07 %Hartos.org8680,07 %Solidaridad y Autogestión Internacionalista4890,03 %+0,01 %Demos el Cambio4320,02 %Partido Social y Democrático de Derecho4120,02 %Acción Democrática de Centro Galicia3600,02 %Partido Integración Comunitaria1590,01 %

Parlamentarios electos Pola provincia da Coruña Beatriz Mato Otero (PPdeG) Rosa María Quintana Carballo (PPdeG) Pedro Puy Fraga (PPdeG) Miguel Ángel Tellado Filgueira (PPdeG) Paula Prado del Río (PPdeG) Pedro Manuel Arias Veira (PPdeG) Belén María do Campo Piñeiro (PPdeG) José Santiago Freire Abeijón (PPdeG). Substituído por Ambrosio Oróns en febreiro de 2016 ao ser escollido alcalde de Noia. María Dolores Faraldo Botana (PPdeG) Álvaro Pérez López (PPdeG). Substituído por María Soledad Piñeiro Martínez ao acceder á dirección xeral do Gabinete da Presidencia da Xunta. Aurelio Alfonso Núñez Centeno (PPdeG) Jesús Miguel Prado Patiño (PPdeG) Hipólito Fariñas Sobrino (PPdeG) Francisco Manuel Caamaño Domínguez (PSdeG) José Luis Méndez Romeu (PSdeG) Beatriz Sestayo Doce (PSdeG) José Antonio Sánchez Bugallo (PSdeG) María Soledad Soneira Tajes (PSdeG) Xosé Manuel Beiras Torrado (AGE) Yolanda Díaz Pérez (AGE) Antón Sánchez García (AGE) José Javier Ron Fernández (AGE) Francisco Xesús Jorquera Caselas (BNG) Ana Belén Pontón Mondelo (BNG)

Pola provincia de Lugo Raquel Arias Rodríguez (PPdeG) Jaime Castiñeira Broz (PPdeG) José Manuel Balseiro Orol (PPdeG) Agustín Baamonde Díaz (PPdeG) María Susana López Abella (PPdeG) Daniel Luis Varela Suanzes-Carpegna (PPdeG) María Isabel García Pacín (PPdeG) Jaime Iñíguez Martínez (PPdeG) Vidal Martínez-Sierra López (PPdeG) Concepción Burgo López (PSdeG) Juan Carlos González Santín (PSdeG) José Ramón Val Alonso (PSdeG) Ricardo Vicente Docasar Docasar (PSdeG) Ramón Vázquez Díaz (AGE) Cosme Eladio Pombo Rodríguez (BNG)

Pola provincia de Ourense Jesús Vázquez Abad (PPdeG) María del Carmen Pardo López (PPdeG) Miguel Ángel Santalices Vieira (PPdeG) Antonio Rodríguez Miranda (PPdeG) Cristina Isabel Romero Fernández (PPdeG) Antonio Mouriño Villar (PPdeG) Enrique Nóvoa López (PPdeG) Moisés Blanco Paradelo (PPdeG) Pachi Vázquez (PSdeG) María Remedios Quintas Álvarez (PSdeG) Raúl Fernández Fernández (PSdeG) María Carmen Acuña Docampo (PSdeG) María Tereixa Paz Franco (BNG) David Fernández Calviño (AGE) En novembro de 2013 dimitiu por ir a traballar como investigador a Dinamarca. O seu escano foi ocupado por Carmen Iglesias Sueiro que foi suspendida de militancia de EU por non ceder a favor dun compañeiro de ANOVA.

Pola provincia de Pontevedra Alberto Núñez Feijóo (PPdeG) Alfonso Rueda Valenzuela (PPdeG) Javier Jorge Guerra Fernández (PPdeG) Pilar Milagros Rojo Noguera (PPdeG) Elena Muñoz Fonteriz (PPdeG). Substituída por Javier Dorado Soto ao ser designada para conselleira de Facenda. Agustín Hernández Fernández de Rojas (PPdeG) José Manuel Cores Tourís (PPdeG) Román Rodríguez González (PPdeG) María Nava Castro Domínguez (PPdeG) Marta Rodríguez Arias (PPdeG) Berta Pérez Hernández (PPdeG) Abel Fermín Losada Álvarez (PSdeG) Patricia Vilán Lorenzo (PSdeG) Pablo García García (PSdeG) María Carmen Gallego Calvar (PSdeG) José Manuel Gallego Lomba (PSdeG) Juan Manuel Fajardo Recouso (AGE) María Consuelo Martínez García (AGE) Eva Solla Fernández (AGE) Carlos Ignacio Aymerich Cano (BNG). Dimitiu en 2013, substituído por Daniel Rodas Chapela. María do Carme Adán Villamarín (BNG) María Montserrat Prado Cores (BNG)

Investidura do Presidente da Xunta de Galicia A votación para a investidura do Presidente da Xunta de Galicia no Parlamento de Galicia tivo o seguinte resultado: Candidato Data Voto 30px|link=Partido Popular de Galicia 30px|link=Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE 30px|link=Alternativa Galega de Esquerda 30px|link=BNG Total center|65px Alberto Núñez Feijóo(PP) 29 de novembro de 2012Maioría requirida:Absoluta (38/75)20pxSi41 Non 1897 Abstención

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Horizonte Galicia: recomendador de partidos para as eleccións do 21-O de 2012

Categoría:2012 en Galicia 2012 Categoría:Eleccións celebradas en 2012