miniatura|300px|Arriba, á dereita, con traxe escuro e gravata, Paulo Novás co alumnado do Instituto. Paulo Novás Souto, nado en São Paulo o 16 de abril de 1899 e finado en Pontevedra o 12 de novembro de 1936, foi un mestre e político galego.
Traxectoria miniatura|Placa en Pontevedra en memoria dos fusilados o 12/11/1936. Nado no Brasil, retornou coa familia a Galicia sendo novo. Fíxose mestre polo Plano de Estudos de 1914. Foi mestre da escola mixta de Sacos, Cotobade (1925-1927), e despois en Cobres, Vilaboa. Creada en 1931 unha sección de Escola Preparatoria de Ingreso no Instituto de Pontevedra, accedeu a esta praza. Pertenceu á comisión organizadora da Casa del Maestro de Pontevedra. Militou de Acción Republicana,Tribuna, 6-8-1933, p. 3. e despois en Izquierda Republicana. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e xulgado en consello de guerra sumarísimo o 1 de novembro. Condenado a morte, foi fusilado na estrada de Campañó o 12 de novembro de 1936.El Pueblo Gallego, 13-11-1936, p. 6.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Represión franquista en Galicia
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en 1899 Categoría:Finados en 1936
Categoría:Nados en São Paulo Categoría:Profesores Categoría:Fusilados