O Kiekko-Vantaa é un equipo de hóckey sobre xeo da cidade de Vantaa (Finlandia). Foi fundado en 1994 e compite na segunda categoría do hóckey sobre xeo finés, a Mestis, dende a súa creación no ano 2000; o seu mellor resultado na competición foi o segundo posto conseguido no 2003. Xoga os seus partidos como local no Trio Areena, un pavillón con capacidade para 3 700 espectadores.
Dende 2017 é o club afiliado a Jokerit de Helsinqui, representante de Finlandia na Kontinental Hockey League (KHL). Na tempada 2019-20 ambos equipos asinaron un novo acordo que estará vixente ata o final da tempada 2022-23.
Historia Antecedentes e fundación Antes da fundación do equipo había varios equipos na cidade de Vantaa: o Vantaan Kiekko (VaKi), fundado en 1974 e que competiu na 1-divisioona durante a tempada 1987-88; Tikkurilan Jää-Veikot (TJV), fundado en 1958 e que tamén xogou na 1-divisioona a tempada 1985-86; ou o Vantaa Hockey Team (VHT), que durante tres tempadas disputou a 1-divisioona (1990-1993).
En 1994 fundouse o Kiekko-Vantaa, cuxos estatutos asináronse o 28 de xuño dese mesmo ano. Os encargados de asinalos foron Harri Mäntynen (Tikkurilan Jää-Veikot Ry), Matti Saari (Etelä-Vantaan Urheilijat Ry), Pertti Ahlroos (Länsimäen Kiekko Ry), Raine Heinonen (Vantaan Kiekko Ry) e Matti Laaksonen (Team Vantaa Ry). Uns meses despois, o 15 de setembro, o club foi iniscrito no rexistro de asociacións.
Primeiros anos O Kiekko-Vantaa comezou a súa andaina na 3-divisioona ocupando a praza que deixara o Vantaan Kiekko (VaKi). O equipo gañou a fase preliminar, así como o grupo superior, clasificándose deste xeito para as series clasificatorias para a 2-divisioona, que tamén gañaron, conseguindo deste xeito o ascenso no seu primeiro ano de existencia.
Pavillón
miniatura|200px|O Trio Areena en 2013. O Kiekko-Vantaa xoga os seus partidos como local no Trio Areena, un pavillón situado na área deportiva de Tikkurilan Urheilupuisto, no barrio de Viertola, pertencente ao distrito de Tikkurila (Vantaa).
O pavillón foi inaugurado en 1974 e ten unhas medidas dee 60x30 A súa capacidade máxima para 3 700 persoas.
Xogadores Xogadores destacados Ilari Filppula Valtteri Filppula Carlo Grünn Juha Kaunismäki Antti Niemi Erkki Rajamäki Joonas Vihko Hannu Väisänen Joonas Rönnberg Juha Koivisto Sami Heinonen
Números retirados Ao longo da súa historia, Kiekkoo-Vantaa ten retirado os seguintes tres números:
Lista de adestradores do equipo Número Xogador Retirada do número 7 Jukka Hakkarainen 2007 10 Petri Pitkäjärvi 2008 39 Antti Niemi 2012
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Equipos de hóckey sobre xeo de Finlandia Categoría:Deporte en Vantaa