Benigno Rey Pavón, nado en Pontevedra o 9 de marzo de 1908El Magisterio Español, 9-12-1933, p. 16. e finado na mesma cidade o 12 de novembro de 1936, foi un mestre e político galego.

Traxectoria miniatura|dereita|200px|Placa en Pontevedra en memoria dos fusilados o 12 de novembro de 1936. Fillo do reloxeiro e republicano Arturo Rey Juncal, era mestre nacional. Foi un destacado deportista e dirixente da Sociedad Gimnástica pontevedresa. Foi mestre interino en Lantaño (Portas) en 1933. En 1936 era mestre en Penzol (concello da Veiga en Asturias). Cando aconteceu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estaba de vacacións en Pontevedra. Foi detido e encarcerado. Sometido a xuízo sumarísimo, foi condenado a morte, sendo fusilado o 12 de novembro na estrada de Campañó.El Pueblo Gallego, 13-11-1936, p. 6.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1908 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Fusilados