Arturo Rey Juncal, nado en Pontevedra e finado na mesma cidade o 31 de outubro de 1935Necrolóxica en El País, 1-11-1935, p. 1, foi un reloxeiro e político galego.

Traxectoria Reloxeiro. Foi concelleiro republicano en Pontevedra durante a Restauración. Masón, membro da loxa Helenes nº 7 co nome simbólico de Víctor, foi detido en 1930 por participar en reunións masónicas e multado con 250 pesetas. Formou parte, con Amancio Caamaño e Maximiliano Pérez Prego, da comisión encargada de establecer unha alianza entre republicanos e forzas esquerdistas locais en marzo de 1931. Nas eleccións municipais do 12 de abril de 1931 que trouxeron a República foi elixido concelleiro polo distrito de Santa Clara e ocupou o cargo de tenente-alcalde até a destitución da Corporación en outubro de 1934. Rexeitou o ofrecemento para presidir a Deputación de Pontevedra e só aceptou o posto de deputado provincial. Era directivo do consello local de Izquierda Republicana.

Foi pai de Benigno Rey Pavón.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas A proclamación da IIª República en Pontevedra Corporación municipal de elección popular

Categoría:Masóns de Galicia Categoría:Concelleiros de Pontevedra Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Concelleiros de Galicia durante a Restauración Categoría:Deputados provinciais de Pontevedra Categoría:Finados en 1935 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos