O termo chopo pódese referir a:
Populus, xénero de árbores caducifolias salicáceas que medran na beira dos ríos mediterráneos e que son coñecidos tamén como álamos. Verbasco (Verbascum thapsus), planta herbácea da familia das escrofulariáceas, bienal, con flores amarelas reunidas en espiga. Xiba (Sepia officinalis), molusco cefalópodo, de corpo groso, cunha cuncha calcaria interna e unha bolsa de tinta e que é coñecido tamén como sepia e choco. Grolo, porción de líquido que se bebe dunha vez e que é chamado tamén chingo, goto, trago.