Manuel Cabada Castro, nado en Sabucedo (A Estrada) o 21 de outubro de 1935, é un filósofo e escritor galego.
Traxectoria Tras estudar no Colexio dos xesuítas de Camposancos, Carrión de los Condes, Palencia e Salamanca, licenciouse en Filosofía pola Universidade Pontificia Comillas, en Filosofía e Letras pola Universidade Complutense de Madrid, en Teoloxía pola Universidade de Innsbruck e doutor en Filosofía polas universidades de Múnic (cunha tese sobre o filósofo e pedagogo Gustav Siewerth dirixida polo seu mestre o teólogo Karl Rahner), e Complutense de Madrid. Foi profesor de Metafísica-Teodicea na Universidade Pontificia Comillas desde o curso 1969-1970 e de Antropoloxía Filosófica (desde o curso 1978-1979) na Universidade Complutense de Madrid ata a súa xubilación en 2005. Colaborou en Encrucillada, Grial e na revista filosófica Pensamiento, da que foi secretario de redacción.
Obra en galego Ensaio A rapa das bestas de Sabucedo: historia e antropoloxía dunha tradición, 1992, Ir Indo. Paixón poética e militancia galeguista. Estudio biográfico sobre Xosé Manuel Cabada Vázquez (1901-1936), 2001, Ediciós do Castro. Galicia. Raíces e compromiso, 2016, Ir Indo. Recompondo un país magoado (2023). Santiago: Laiovento. 228 páxs. ISBN 978-84-8487-631-1. Boa nova para tempos novos. Comentarios velaíños aos evanxeos dominicais (2025). SEPT. 304 páxs. ISBN 978-84-7337-074-0. Pasado, presente e porvir da Galiza (2026). A Coruña: Medulia. 262 páxs. ISBN 979-13-88061-29-5.
Poesía
Versos para soñarmos espertos (2025). Medulia. 128 páxs. ISBN 978-84-10324-48-0.
Edicións Xosé Manuel Cabada Vázquez. Obra completa. Poemas e outros escritos, 2001, Fundación Cultural da Estrada.
Obras colectivas A menciña da palabra. Datos antropolóxicos, en Manuel Reimóndez Portela na lembranza, 1996, Ediciós do Castro. Terra de Montes e o simbolismo dos montes, en Forcarei, historia fotográfica do século XX, 2005, Deputación de Pontevedra. Piroloxía reflexiva de urxencia, en Á procura da nosa identidade. Terra de Montes, 2007, Deputación de Pontevedra. A rapa das bestas de Sabucedo, en Tempos de Festa en Galicia. Tomo II: Entre o Corpus e o mes de agosto, 2008, Fundación Caixa Galicia. 0 Padre Seixas desde dentro. Unha aposta progresista, galeguista e universalista, 2013, SEPT.
Obra en castelán Ensaio El humanismo premarxista de Ludwig Feuerbach, 1975. Feuerbach y Kant: dos actitudes antropológicas, 1980. Querer o no querer vivir. El debate entre Schopenhauer, Feuerbach, Wagner y Nietzsche sobre el sentido de la existencia humana, 1994. La vigencia del amor: afectividad, hominización y religiosidad, 1994. Recuperar la infinitud. En torno al debate histórico-filosófico sobre la limitación o ilimitación de la realidad, 2008. El animal infinito. Una visión antropológica y filosófica del comportamiento religioso, 2009.
Libros sobre o autor Ser querido y querer. Ensayos en homenaje a Manuel Cabada Castro, 2007, Salamanca, Editorial San Esteban.
Obra en alemán Ensaio Sein und Gott bei Gustav Siewerth, 1971.
Recoñecementos Insignia do Salmón de Ouro e Pregoeiro da XIX Festa do Salmón da Estrada, o 17 de maio de 1992. V Edición Premios San Martiño de nomalización lingüística (1995), no Concello da Estrada.
Véxase tamén
Ligazóns externas Manuel Cabada Castro no dixital Terra e Tempo. Páxina web sobre Manuel Cabada Castro
Categoría:Filósofos de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados na Estrada Categoría:Nados en 1935 Categoría:Alumnos da Universidade Pontificia Comillas Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega