José María Cabadas Vilar, nado en Millerada (Forcarei) e finado o 13 de marzo de 1967, foi un canteiro e xornalista galego.

Traxectoria Canteiro, foi secretario da Sociedad de Agricultores Defensa y Justicia de Millerada e membro da Federación de Agricultores y Oficios Varios de Forcarei. Fundou e dirixiu o periódico Acción Social (1923-1924), onde publicou artigos baixo o pseudónimo Canta-Claro. Colaborou tamén en Umia y Lérez. No franquismo foi practicante titular de Moaña. Finou o 13 de marzo de 1967 e foi soterrado na Viña.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 14-3-1967, p. 17.

Vida persoal

Casou con Rosa Sieiro Vilar e foi pai de Eulogio Cabadas Sieiro. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Forcarei visto a través do periódico “Acción Social”

Categoría:Xornalistas de Forcarei Categoría:Nados en Forcarei Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en 1967 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes