Oreol 1, tamén denominado Aureole 1 e Arkad 1, foi un satélite artificial francosoviético lanzado o 27 de decembro de 1971 mediante un foguete Kosmos 3M desde o cosmódromo de Plesetsk.

Características Oreol 1 foi o primeiro do modelo de satélites DS-U2-GKA. Estaba adicado a facer observacións da magnetosfera terrestre, así como das auroras polares e outros fenónemos da atmosfera superior no marco do programa Arkad de colaboración entre Francia e a Unión Soviética. O programa Arkad tiña como finalidade continuar as observacións aurorais, magnetosféricas e ionosféricas feitas polos satélites Kosmos 261 e Kosmos 348 (satélites de clase DS-U2-GK). A nivel de terra colaboraron Bulgaria, Hungría, a República Democrática Alemá, Polonia, Romanía e Checoslovaquia mediante observacións nos momentos do paso do satélite.

Foi inxectado nunha órbita inicial de 2500 km de apoxeo e 410 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 74 graos e un período de 106,9 minutos.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos DS-U2-GKA Oreol 2

Categoría:DS-U2-GKA