Un decámetro cadrado (de símbolo dam²) ou área (de símbolo a) é unha unidade de superficie que equivale a 100 metros cadrados. Tamén se lle chama área (de símbolo a), e emprégase con frecuencia o seu múltiplo: a hectárea, e o seu submúltiplo: a centiárea, que equivale a un metro cadrado.

O Sistema Internacional de Unidades non inclúe a área, tomando como base para as superficies agrarias a hectárea. O Sistema Internacional de Magnitudes recolle a área, mais unicamente como nota.

Equivalencias 100.000.000 mm² 1.000.000 cm² 10.000 dm² 100 m² 1 dam² 0,01 hectáreas ou hm² 0,0001 km²

Area