Constantino Armesto Cobián, nado en Pontevedra en 1823 e finado en Madrid o 28 de decembro de 1899Necrolóxica en El Áncora, 18-1-1901, p. 3., foi un xornalista e político galego.
Traxectoria Fundou La Revista, un dos primeiros periódicos de Pontevedra e, en 1859, El Propagandista, periódico republicano federal. Foi colaborador de El Progreso, La Voz del Pueblo e El Derecho. Fundou o Partido Republicano de Pontevedra. Trasladouse a Madrid, onde escribiu en La Democracia, El Crédito, La Discusión e traballou como redactor de La Capital de Pi i Margall. Tomou parte activa nos sucesos da Revolución de 1868, que deron lugar ao Sexenio Democrático. Despois militou no Partido Liberal e foi gobernador civil de Ourense, Xirona (1874), Guipúscoa, Lugo (1881), Alacant (1886) e Córdoba (1888). Foi elixido deputado polo distrito de Ponteareas en 1872 e volveu ser elixido polo mesmo distrito en 1881, aínda que o 9 de abril de 1883 foi anulada a elección por sentenza do Tribunal de actas graves.
Asinou co sobrenome "El lindo don Diego".
Vida persoal Era tío de Indalecio Armesto e avó de Víctor Said Armesto.
Notas
Categoría:Xornalistas de Pontevedra Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Gobernadores civís de Ourense Categoría:Gobernadores civís de Xirona Categoría:Gobernadores civís de Guipúscoa Categoría:Gobernadores civís de Lugo Categoría:Gobernadores civís de Alacant Categoría:Gobernadores civís de Córdoba Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1833 Categoría:Finados en 1899