Os outeiros de Ediacara (en inglés Ediacara Hills ou Ediacara Range, pronunciado /iːdiˈækərə/) son unha serie pequenos outeiros situados na parte setentrional da cadea montañosa Flinders, en Australia Meridional, a uns 650 km ao norte de Adelaida.

Na zona hai antigas minas de cobre e prata, que foron explotadas na segunda metade do século XIX, pero a rexión hoxe é coñecida sobre todo polos es de organismos moi antigos (de hai uns 600 millóns de anos), o que fixo que o lugar do territorio onde se acharon se coñeza como xacemento de Ediacara ou sitio paleontolóxico de Ediacara; o período xeolóxico no que viviron, como período ediacárico e o conxunto dos organismos como fauna de Ediacara.

A etimoloxía do topónimo Ediacara non está clara, pero parece provir dalgunha lingua dos aborixes australianos. As fontes máis antigas parece que indican que o nome provén de Idiyakra, que sería a designación dun lugar no que hai auga.Ediacara Fossil Site - Nilpena, Parachilna citado en Knoll, A., Walter, M., Narbonne, G., & Christie-Blick, N (2004) The Ediacaran Period: A New Addition to the Geological Time Scale. Submitted on behalf of the Terminal Proterozoic Subcommission of the International Commission on Stratigraphy. Pero tamén podería tratarse de Yata Takarra, que significa terreo pedregoso.Australian Heritage Database, Place name: Ediacara Fossil Site - Nilpena, Parachilna, SA , Australia citado en 2006 en comunicación persoal por John McEntee.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina da Universidade de California sobre as Ediacara Hills . EDIACARA RANGE entry in "Gazeteer of Australia". Commonwealth of Australia. Geoscience Australia . Goberno Australiano - Ediacara Fossil Site - Nilpena, Parachilna . Goberno Australiano - Ediacara Reserve . Goberno Australiano - Ediacara Range .

Categoría:Xeografía de Australia