O ácido cólico PubChem compound Cholic acidChemSpider Cholic acidCHEBI é un ácido biliar. É unha substancia cristalina insoluble en auga (pero soluble en etanol e ácido acético), cun punto de fusión de 200-201 °C. A molécula ten a estrutura básica do colesterol, con 3 OH nas posicións 3, 7 e 12 e un grupo carboxilo ácido na cadea lateral. miniatura|esquerda|300px|Estrutura do ácido cólico que mostra as relacións con outros ácidos biliares. Os sales do ácido cólico denomínanse colatos. O ácido cólico, xunto co ácido quenodesoxicólico, é un dos dous principais ácidos biliares producidos no fígado, onde se sintetiza a partir do colesterol. Os derivados do ácido cólico prodúcense a partir do colil-CoA, que forma ácidos biliares conxugados coa glicina, ou a taurina, orixinando ácido glicocólico e ácido taurocólico respectivamente.

O ácido cólico regula á baixa a actividade da colesterol-7-α-hidroxilase (que cataliza o paso limitante da síntese de ácidos biliares), e o colesterol fai o contrario. Por esta razón o ácido quenodesoxicólico Roda E, Bazzoli F, Labate AM, Mazzella G, Roda A, Sama C, Festi D, Aldini R, Taroni F, Barbara L. Ursodeoxycholic acid vs. chenodeoxycholic acid as cholesterol gallstone-dissolving agents: a comparative randomized study. Hepatology. 1982 Nov-Dec;2(6):804-10. PMID 7141392. (pero non o ácido cólico) pode utilizarse para tratar os cálculos biliares, porque a diminución da síntese de ácidos biliares sobresaturaría os cálculos aínda máis.

Os ácidos cólico e quenodesoxicólico son os máis importantes ácidos biliares humanos. Outros mamíferos sintetizan predominantemente ácido desoxicólico. Nos humanos os conxugados do ácido cólico da bile son transformados polas bacterias do intestino en ácido desoxicólico.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Ácido quenodesoxicólico Ácido desoxicólico Ácido litocólico

Categoría:Ácidos biliares