O Gran Premio de Alemaña de 1957 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 4 de agosto de 1957 no circuíto de Nürburgring Nordschleife. Foi a sexta carreira da tempada de Fórmula Un de . A carreira de 22 voltas foi gañada polo piloto arxentino Juan Manuel Fangio pilotando un Maserati. A carreira cítase a miúdo como unha das mellores vitorias na historia da competición. Foi a 4ª vitoria de Fangio nas 7 carreiras principais da tempada (excluíndo as 500 Millas de Indianápolis), ademais cá cantidade de puntos que tiña (34 polos 16 de Luigi Musso) e con dúas carreiras por diante, a súa vitoria no circuíto de Nürburgring significou o seu quinto título de Campión do Mundo.
Fangio tomara nota da selección de pneumáticos e do nivel de combustible dos pilotos de Ferrari, e decatouse de que probablemente ían correr a carreira completa sen unha parada en boxes. Fangio decidiu que utilizar pneumáticos máis brandos, e cargar só medio tanque de combustible, permitiría que o coche tomara as curvas máis rápido, pero tamén requiriría unha parada en boxes. Fangio fixo a súa parada en boxes na volta 13, en 1º lugar, e 30 segundos por diante de Hawthorn e Collins.
A parada en boxes foi un desastre, o equipo tivo problemas para cambiar unha das rodas. Fangio saíu do pit lane en 3ª posición, 48 segundos por detrás de Collins, que estaba en 2º lugar. Durante as seguintes 10 voltas, Fangio rompeu a marca de volta 9 veces (7 dos rexistros foron en voltas sucesivas, logrou rebaixar uns abafadores 15´5 segundos a Hawthorn na primeira volta, e logo outros 8´5 segundos na seguinte volta). Na volta 21, Fangio foise ao interior da curva a esquerda, ESSO Terrasse, pasando a Collins e situandose 2º. Máis tarde na volta 21, nunha curva a esquerda, Fangio cortou a Hawthorn pasandolle polo interior da curva, con só dous dos seus pneumáticos na pista e os pneumáticos esquerdos sobre a herba. Fangio mantivo a súa vantaxe, pero non foi fácil, xa que Hawthorn atacou, e case logrou adiantar a Fangio nalgunhas curvas, pero foi en balde, e Fangio gañou a carreira.
Despois da carreira, Fangio, comentou: "Nunca antes conducín tan rapido na miña vida e creo que nunca serei capaz de facelo de novo". Máis tarde, Fangio tamén dixo: "Nürburgring é a miña pista favorita. Quedeime totalmente namorado dela e creo que ese día, en 1957 por fin logrei dominala. Era coma se me amosara todos os segredos dela e désemos a coñecer dunha vez por todas... Durante dous días non puiden durmir, aínda veia esas curvas na escuridade, curvas nas que nunca antes tivera o valor de levar as cousas ata ese límite".
Para aumentar a participación, os organizadores abriron a pista aos coches de Fórmula 2. As dúas carreiras corréronse ao mesmo tempo, pero os equipos de fórmula 2 (en amarelo) non eran elixibles para os puntos do Campionato do Mundo e algunhas fontes non consideran estas saídas nas estatísticas da carreira.
Clasificación Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 1 Juan Manuel Fangio Maserati 22 3:30:38.3 1 9 2 8 Mike Hawthorn Ferrari 22 +3.6 segs 2 6 3 7 Peter Collins Ferrari 22 +35.6 segs 4 4 4 6 Luigi Musso Ferrari 22 +3:37.6 8 3 5 10 Stirling Moss Vanwall 22 +4:37.2 7 2 6 2 Jean Behra Maserati 22 +4:38.5 3 7 3 Harry Schell Maserati 22 +6:47.5 6 8 16 Masten Gregory Maserati 21 +1 volta 10 9 11 Tony Brooks Vanwall 21 +1 volta 5 10 4 Giorgio Scarlatti Maserati 21 +1 volta 13 11 15 Bruce Halford Maserati 21 +1 volta 16 12 21 Edgar Barth Porsche 21 +1 volta 12 13 28 Brian Naylor Cooper-Climax 20 +2 voltas 17 14 27 Carel Godin de Beaufort Porsche 20 +2 voltas 20 15 25 Tony Marsh Cooper-Climax 17 +5 voltas 22 Ret 17 Hans Herrmann Maserati 14 Chasis 11 Ret 20 Umberto Maglioli Porsche 13 Motor 15 Ret 23 Roy Salvadori Cooper-Climax 11 Suspensión 14 Ret 18 Paco Godia Maserati 11 Dirección 21 Ret 12 Stuart Lewis-Evans Vanwall 10 Caixa de cambios 9 Ret 24 Jack Brabham Cooper-Climax 6 Transmisión 18 Ret 26 Paul England Cooper-Climax 4 Distribuidor 23 Ret 29 Dick Gibson Cooper-Climax 3 Dirección 24 Ret 19 Horace Gould Maserati 2 Eixo 19
Posicións logo da carreira Pos Piloto Puntos 10px 1 Juan Manuel Fangio 34 10px 2 Luigi Musso 16 10px 3 3 Mike Hawthorn 13 10px 1 4 Tony Brooks 10 10px 1 5 Sam Hanks 8 Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos.
Notas
Pole position: Juan Manuel Fangio - 9:25.6 Volta rápida: Juan Manuel Fangio - 9:17.4 Líder por volta: Mike Hawthorn 8 voltas (1-2, 15-20); Juan Manuel Fangio 11 voltas (3-11, 21-22); Peter Collins 3 voltas (12-14).
Ligazóns externas
Alemaña Categoría:Gran Premio de Alemaña de Fórmula 1