O Tres Bispos é un pico situado na Serra dos Ancares, cunha altitude de 1795 metros. Atópase no concello de Cervantes.

Toponimia Segundo a tradición o nome vén de que aquí se reunían os bispos das dioceses de Lugo, Astorga e Oviedo. No lugar hai unha columna (marco) de pedra.

Ascensión Desde o lugar da Degrada (Cereixedo, Cervantes) chégase nun quilómetro ao refuxio de Ancares. Desde alí, a primeira parte transcorre por unha estrada asfaltada para a continuación gañar altitude pouco a pouco até a campa de Tres Bispos. Unha vez aí, un sendeiro chega ao cume.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ascensión ao Tres Bispos desde o refuxio de Ancares

Categoría:Montañas de Galicia Categoría:Cervantes Categoría:Serra dos Ancares