Frédéric Auguste Bartholdi, nado en Colmar (Alsacia) o 2 de agosto de 1834 e finado en París o 4 de outubro de 1904, foi un escultor francés.
Traxectoria
Estudou arquitectura na súa cidade natal, e marchou a París para perfeccionar os seus estudos de arquitectura e de pintura baixo a dirección de Ary Scheffer.
O seu traballo máis coñecido é a Estatua da Liberdade, que o goberno de Francia doou aos Estados Unidos en 1886, antes de comezar a obra, Bartholdi viaxou a América para seleccionar o porto de Nova York como a localización para a estatua. O león de Belfort, en Belfort, Francia é outra das súas obras máis coñecidas, realizado para conmemorar a resistencia da vila durante o sitio de Belfort polos alemáns en 1870.
Categoría:Escultores de Francia Categoría:Nados en 1834 Categoría:Finados en 1904 Categoría:Nados no departamento do Alto Rin Categoría:Finados por tuberculose Categoría:Estatua da Liberdade Categoría:Masóns de Francia Categoría:Escultores do século XIX Categoría:Escultores do século XX