O Edificio El Moderno é unha construción civil da cidade de Vigo, situada na número 1 da rúa Policarpo Sanz, facendo esquina coa rúa de Carral. É un dos edificios históricos máis significativos da cidade.
Historia A súa construción promoveuna Manuel Bárcena Franco, conde de Torrecedeira, co obxectivo de facer un edificio para vivendas de renda. O arquitecto ao que se encomendou o encargo foi o francés de orixe polaca Michel Pacewicz, que iniciou as obras en 1897 e rematounas en 1902. O edificio recibe o nome de "El Moderno" por un famoso hotel que estivo alí instalado,Garrido Rodríguez, Jaime, 2000: Arquitectura da Pedra en Vigo, Vigo, Construcións Conde, p. 257. e que recibía ese nome, creado en 1906 por Jesús Fernández Otero, primeiro tenente de alcalde de Vigo, e empresario que tamén explotaría o Hotel Continental. Foi renovado en 1953 polo produtor de cinema Cesáreo González, que lle deu o nome de Gran Hotel.
Construción e estilo Trátase dunha obra onde a influencia francesa é máis que evidente. O edificio consta de semisoto, planta baixa, entreplanta, tres plantas, e un ático baixo cuberta con óculos. Unha modificación en 1977, moi pouco respectuosa co edificio orixinal, modificou o interior por completo, a cuberta para sumar dous andares, e eliminou a cúpula de escamas cromáticas que coroa a rotonda do esquinal.
A fachada a Policarpo Sanz é simétrica e ofrece unha composición de diferentes formas arquitectónicas,Garrido Rodríguez, Jaime, 2000: Arquitectura da Pedra en Vigo, Vigo, Construcións Conde, p. 257-258. distribuídas segundo as plantas, mesturando vans de diferentes alturas e anchuras, illados ou englobados entre grandes columnatas corintias, con frontóns neobarrocos partidos con volutas; tamén combina balcóns corridos e individuais, con petrís pétreos ou forxados, amofadillado con alternancia de perpiaños e dovelas resaltados mediante esgrafiado, arcos escarzanos, semicirculares, elípticos, e linteis fortemente decorados. Inspirado nun barroco rococó francés, pero con forte presenza modernistas nos ventanais e arcos rebaixados, así como a cúpula e os balcóns con pedra novelda. Destaca a perfección do traballo de cantaría, outra mostra máis do nivel de calidade alcanzado pola profesión en Vigo neses anos.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Edificio Simeón (fronte a El Moderno, tamén na Porta do Sol de Vigo) Bibliografía , Xaime (2000): Arquitectura da pedra en Vigo, pp. 257–264. Produción Galaxia, edición Construciones Conde, Vigo. ISBN 84-605-9897-7.
Ligazóns externas Ficha no blog Arquitectura Vigo . Ficha na web Hoxe Vigo.
Categoría:Arquitectura civil en Vigo Categoría:Michel Pacewicz