Tema artístico é o tema dunha obra de arte. Normalmente a expresión restrínxese ás artes visuais, polo que coincide cos temas iconográficos (os que poden expresarse cunha iconografía identificativa). Os temas literarios e os temas musicais (mesmo na música descritiva ou música programática) non adoitan incluírse nesta expresión.
Os temas artísticos son aqueles directamente obxecto de preocupación dos artistas, ligados ao contexto histórico e cultural das súas épocas respectivas. A sistematización dos temas recorrentes dentro da pintura ou a escultura provén da tentativa de descrición dos xéneros artísticos; categoría de clasificación máis ampla, que nas artes designan a cada unha das distintas clases nas que se poden ordenar as obras segundo trazos comúns de forma e de contido.
Algúns temas antigos Espido; A mitoloxía A pintura de historia O retrato e o autorretrato ; O bodegón e as vaidades; A paisaxe e a mariña ; A escena de xénero ; A pintura relixiosa. miniatura|300px|Bouguereau. A pintura profana dos idilios desenvolveuse no século XVIII, dentro do rococó.
Algúns temas modernos A paisaxe; O retrato e o autorretrato; O bodegón; A escena de xénero;
Temas contemporáneos Todos os concernentes ao mundo actual.
O mecenado Os mecenas, financiando as Artes, demandan aos artistas que representen a súa persoa dentro de iconas divinas. Isto xustifica o seu emprego temporal sobre a terra e sérvelles para o benestar espiritual das súas almas. A apoteose (deificación) A alegoría (evocación)
Xerarquía
No campo da pintura, existe a chamada «xerarquía dos xéneros» asociada coa Académie française que no pasado tivo un papel central na arte académica. Estes xéneros, en orde xerárquica, eran: Pintura de historia Traballos de xénero Retrato Paisaxe Bodegón
Estas categorías tiveron un papel importante entre o século XVII e a era moderna, cando os pintores e os críticos comezaron a rebelarse contra as moitas regras da Académie française, incluída a preferencia da Académie pola pintura de historia.
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Xéneros pictóricos