San Martiño é un lugar da parroquia de Borreiros, no concello pontevedrés de Gondomar na comarca de Vigo. Segundo o INE, en 2025 tiña 153 habitantes (72 homes e 81 mulleres), o que supón un aumento en relación a 2011, cando tiña 117 habitantes.
Toponimia
O topónimo San Martiño é un haxiotopónimo referido a Martiño de Tours. Débese a que o lugar naceu arredor da igrexa parroquial de San Martiño de Borreiros.
Patrimonio Xunto á igrexa está o seu adro e o cruceiro. Tamén está en San Martiño o Centro Cultural de Borreiros, construído pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Borreiros e a Asociación de Veciños San Martiño de Borreiros, que conta cun campo de fútbol sala e tenis, un de birlos celtas, e outro de fútbol. No local ensaia o grupo de gaitas Cores do Sobreiro, e o de pandeireteiras, Pandeireteiras do Sobreiro.
Notas
Lugares e parroquias Parroquias de Gondomar
Lugares de Borreiros
Categoría:Lugares de Gondomar