Bartolomé Basanta Miranda, nado en Cabarcos (Barreiros) en 1812 e finado en Viveiro o 13 de abril de 1885, foi un político galego.
miniatura|Pazo da Trabe, residencia de Bartolomé Basanta.
Traxectoria
Foi elixido senador pola provincia de Lugo en 1872. Na Restauración foi o líder do Partido Conservador en Viveiro. Foi elixido deputado a Cortes polo distrito de Viveiro en 1876, sendo reelixido polo mesmo distrito en 1879. Foi alcalde de Viveiro.
Vida persoal
A súa filla casou con Ramón Rebellón Zubiri, que o sucedeu á fronte do Partido Conservador de Viveiro.
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha no Senado A.Lage-Seara (2022) "Reloj de un conservador a un republicano. De Bartolomé Basanta a Ramón Diaz Freijo". Mundiario.
Categoría:Senadores de Galicia Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Alcaldes de Viveiro Categoría:Nados en Barreiros Categoría:Nados en 1812 Categoría:Finados en 1885