David Michael Koechner, nado o 24 de agosto de 1962, é un cómico e actor estadounidense. É coñecido polos seus papeis como Champ Kind nos filmes de Anchorman e como Todd Packer na serie de NBC The Office.

Koechner comezou na interpretación cando estudou comedia improvisada en Chicago en ImprovOlympic, baixo a dirección de Del Close, antes de unirse a Second City Northwest. Koechner trasladouse a Nova York en 1995, facendo numerosos números de comedia como parte de Saturday Night Live (1995–1996) e como cómico regular en Late Night with Conan O'Brien a mediados da década de 1990. En 1997, Koechner trasladouse ós Ánxeles e comezou a traballar de maneira continua en filmes e comedias de televisión, facendo as súas primeiras aparicións en filmes como Wag the Dog, Austin Powers: A espía que me achouchou e Man on the Moon.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Actores dos Estados Unidos de América Categoría:Estadounidenses de ascendencia inglesa Categoría:Nados en 1962