Lloyd deMause, nado en Detroit (Míchigan) o 19 de setembro de 1931, é un pensador social estadounidense coñecido polo seu traballo no campo da psicohistoria.

Traxectoria DeMause realizou os seus estudos en ciencia política na Universidade de Columbia. Foi o fundador de The Journal of Psychohistory, que ademais edita, e xogou un importante papel na fundación da International PsychoHistory Association (Asociación Internacional de Psicohistoria), un grupo multidisciplinario do cal os seus membros estiveron, en maior ou menor medida (incluso de maneira crítica), influenciados polos seus traballos.

Traballo académico Fixo importantes contribucións ao estudo da psicohistoria, que é o estudo das motivacións psicolóxicas de eventos históricos. Esta tenta comprender a orixe emocional do comportamento social e político de grupos e nacións, pasados e presentes. O seu tema de estudo é a infancia e a familia (especialmente o abuso infantil), e estudos psicolóxicos de antropoloxía e etnoloxía.

Publicacións DeMause publicou máis de 90 artigos académicos e oito libros, entre os que destacan:

Véxase tamén Ligazóns externas DeMause's bio An interview with DeMause from October 2009 video on deMause On-line repository of deMause' books

Categoría:Nados en 1931 Categoría:Psicólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Detroit Categoría:Alumnos da Universidade Columbia