Fernando García del Valle, nado en Madrid en 1921 e finado en Vigo o 4 de agosto de 2011, foi un empresario e político galego.
Traxectoria Licenciado en Física, fixo carreira como enxeñeiro. Chegou a Vigo na década dos 50. Foi presidente de Tecnaco e da conserveira Alfageme. Tamén foi conselleiro de Caixa de Aforros Municipal de Vigo e cónsul honorario de Chile en Galicia.
Presentouse á alcaldía de Vigo nas municipais de 1983 encabezando a candidatura da Coalición Popular, pero non logrou a alcaldía, quedando como xefe da oposición. En 1986 foi nomeado presidente da Deputación de Pontevedra.
Véxase tamén Ligazóns externas Fallece Fernando García del Valle, ex presidente de la Diputación de Pontevedra y de la consevera Alfageme
Categoría:Presidentes da Deputación de Pontevedra Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1921 Categoría:Finados en 2011 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Cónsules honorarios en Galicia