A amea (do latín "mina[s]"), é cada un dos saíntes en forma de prisma implantados sobre o parapeto, nos que remata a parte superior das murallas, castelos etc., que serve para protexer aos defensores colocados nos adarves, ou ás veces simplemente coma ornamento. Na arquitectura militar, porén, o termo máis preciso refírese ao oco no canto do saínte: a abertura no parapeto das murallas dun castelo ou fortaleza, por onde os defensores vixiaban o inimigo.miniatura|300px|Castelo de Almourol, Portugal: vista das ameas.|centro
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Seteira Troneira Matacán
Categoría:Elementos da arquitectura militar