miniatura|250px|Limo seco arrastrado polo furacán Ike, Galveston, Texas, Estados Unidos O limo (do latín limus, 'lodo', 'barro', 'sedimento') é un material solto cunha granulometría comprendida entre á da area fina e á da arxila.
É un sedimento clástico incoherente transportado en suspensión polos ríos e polo vento, que se deposita no leito dos cursos de auga ou sobre os terreos que foron inundados.
Para que se clasifique como tal, o diámetro das partículas de limo ten que oscilar entre os 0,002 mm e os 0,06 mm.
É típico e famoso o limo depositado polo río Nilo despois das inundacións periódicas que achegaban terreo fértil para a agricultura desde o antigo Exipto até que este fluxo se interrompiu pola construción da presa de Asuán.
Ao non ter cohesión, é un terreo problemático para edificar sobre el e, en obras de arquitectura ou enxeñaría, é necesario adoptar sistemas especiais de cimentación.
Pódense distinguir: o limo orgánico, formado por barro mesturado con restos vexetais, e o limo inorgánico, con inclusión de po de rochas. Neste tipo encóntrase o loess pampeano ou o chinés; é un limo fino, sen estratificación.
Granulometría Dentro da clasificación granulométrica das partículas do solo, os limos ocupan o seguinte lugar na escala: +Escala granulométricaPartículaTamañoArxilas< 0,002 mmLimos0,002 – 0,06 mmAreas0,06 – 2 mmGravas2 – 60 mmCantos rolados60 – 250 mmBloques>250 mm
Véxase tamén
Outros artigos Area Arxila Loess
Categoría:Erosión Categoría:Materiais