Würth é unha multinacional alemá fundada en 1945 co nome Adolf Würth GmbH & Co. KG, e sede en Künzelsau. Adícase á venda de accesorios, ferramentas, materiais para montaxe e fixación para industria e construción.
Würth está formada por 400 empresas que operan en 86 países.
Historia Würth foi fundada en 1945 por Adolf Würth (1909-1954), a empresa adicábase á venda de parafusos en Künzelsau, Alemaña. Despois da morte de Adolf Würth en 1954 foi o seu fillo, Reinhold Würth, á idade de 19 anos e a súa nai, Alma Würth son quen se fan cargo da empresa de venda de parafusos que nese momento era aínda unha empresa de dúas persoas.
Dende entón, a compañía converteuse en líder do grupo retallista coa participación principal de negocios na distribución de fixación, e materiais de montaxe e ferramentas con aproximadamente 120.000 produtos diferentes. Entre os seus máis de 3 millóns de clientes atópanse principalmente empresas do sector da construción, a madeira e a metalurxia, empresas de automoción, e os clientes industriais máis importantes.
O Grupo Würth está especializado na distribución a través de representantes de vendas, comerciais a comisión.
Despois de cinco anos de investigación, o grupo abriu o 27 de outubro de 2006 en Schwäbisch Hall, unha planta para a produción comercial dos novos tipos de células solares sen silicio, de cobre, indio e selenio (CIGS, acrónimo en inglés de Copper indium gallium selenide, CuInGaSe2).
Würth en España miniatura|Museo Würth en Agoncillo. Würth ten a súa sede en España na localidade barcelonesa de Palau-solità i Plegamans que ocupa unha extensión de 25.000 m², incluíndo un centro loxístico. Würth ten outro centro loxístico na localidade rioxana de Agoncillo de 41.000 m² que inclúe oficinas e o Museo Würth La Rioja, onde se expón a Colección Würth de arte contemporánea.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina web de Würth Museo Würth La Rioja
Categoría:Empresas de Alemaña