O xénero Passer é un dos máis estendidos e coñecidos entre os das aves da orde dos paseriformes (Passerifomes), ós que lles dá o nome.

A palabra latina Passer é tamén a orixe do termo galego "paxaro" co que se coñecen, en xeral, todas as aves de pequeno tamaño. O nome común galego para os membros do xénero Passer (e outros afíns) é o de pardal contra ao sur e gorrión no resto .

Aínda que orixinarias das zonas despexadas das rexións temperado cálidas de África, o Mediterráneo e o sur de Asia, moitas das súas especies convertéronse en animais tipicamente urbanos, colonizando gran parte das zonas habitadas do mundo. A especie máis común, Passer domesticus, é practicamente cosmopolita; crese que este pardal foi a primeira ave que colonizou o medio urbano en Mesopotamia, desde onde se expandiu á mesma velocidade que a do establecemento de novas cidades. Este proceso fíxose na maioría dos casos de forma allea á vontade humana, pero en tempos recentes introducíronse exemplares de forma deliberada nalgunhas zonas da África subsahariana, América e Australia.<ref>Summers-Smith, J. D. (1990): "Changes in distribution and habitat utilisation by members of the genus Passer". In Pinowski, J. e Summers-Smith, J. D. Granivorous birds in the agricultural landscape. Warszawa: Pánstwowe Wydawnictom Naukowe. ISBN 83-01-08460-X, pp. 11–29.</ref>

Características

Trátase de aves de pequeno tamaño, de entre 10 e 20 cm de envergadura, gregarios, de coloracións de tons apagados (xeralmente pardos ou grises), que poden estar acompañados por manchas de cor negra, branca ou amarela. Moi afectos a vivir a expensas do ser humano, practicamente é posíbel encontralos en calquera parte do mundo, sempre próximos ao ser humano.Clement, Peter; Harris, Alan e Davis, John (1993): Finches and Sparrows: an Identification Guide. Princeton, New Jersey (USA): Princeton University Press. ISBN 0-691-03424-9.

A súa alimentación é fundamentalmente granívora, aínda que tamén consomen insectos e outros pequenos invertebrados, especialmente durante a época de cría, en primavera. Nas áreas urbanas devoran as migallas e outros pequenos restos de comida abandonados polos viandantes.Summers-Smith, J. Denis (2009): "Family Passeridae (Old World Sparrows)". In del Hoyo, Josep; Elliott, Andrew e Christie, David. Handbook of the Birds of the World. Volume 14: Bush-shrikes to Old World Sparrows. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-96553-50-7, pp. 253–255.

Debido á súa proximidade ao ser humano, esta pequena ave encóntrase protexida de depredadores, coas excepción dos gatos domésticos e algunhas aves de presa de pouco talle.

Os machos son máis grandes e robustos que as femias, e están dotados dunha plumaxe cun apincarado máis elaborado; por exemplo, estes caracterízanse por teren a barbela e o bico escuro, mentres que as femias carecen da guedella negra e son máis agrisadas.

Durante a época de cría forman parellas que incuban de forma conxunta unha posta de até 8 ovos durante unhas dúas semanas. Tamén se ocupan ambos os pais de criar aos polos durante un período de 14 a 24 días, normalmente até que as crías aprenden a voar.

Especies 240px|thumb|Passer montanus. 240px|thumb|Passer hispaniolensis.

A continuación relaciónanse as especies recoñecidas polo Handbook of the Birds of the World,del Hoyo, Josep; Elliott, Andrew e Christie, David (2009): "Family Passeridae (Old World Sparrows" in Handbook of the Birds of the World. Volume 14: Bush-shrikes to Old World Sparrows. J. Denis, Summers-Smith (ed.). Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-96553-50-7 excepto o pardal de Abd al Kuri, cuxa separación do pardal da Socotora foi recoñecida pola BirdLife International en 2010.BirdLife International (2010): "Species factsheet: Passer hemileucus". . Ademais destas especies viventes, coñécense algúns fósiles cuestionábeis do mioceno temperán,Mlíkovský, Jiří (2002): Cenozoic Birds of the World, Part 1: Europe. PDF. e a especie fósil do plistoceno medio Passer predomesticus.

Pardal do saxaul, Passer ammodendri Pardal común, Passer domesticus Pardal moruno, Passer hispaniolensis Pardal do Sind, Passer pyrrhonotus Pardal somalí, Passer castanopterus Pardal rutilante, Passer rutilans Pardal flavo, Passer flaveolus Pardal do mar Morto, Passer moabiticus Pardal grande, Passer motitensis Pardal de Cabo Verde, Passer iagoensis Pardal da Socotora, Passer insularis Pardal do Cabo, Passer melanurus Pardal gris, Passer griseus Pardal de Swainson, Passer swainsonii Pardal de bico de papagaio, Passer gongonensis Pardal suahili, Passer suahelicus Pardal surafricano, Passer diffusus Pardal do deserto, Passer simplex Pardal orelleiro, Passer montanus Pardal dourado, Passer luteus Pardal árabe, Passer euchlorus Pardal de Emin, Passer eminibey Pardal italiano, Passer italiae Pardal de Kenya, Passer rufocinctus Pardal do Cordofán, Passer cordofanicus Pardal de Shelley, Passer shelleyi Pardal asiático do deserto, Passer zarudnyi.A maioría dos nomes vulgares son adaptacións dos nomes en castelán, inglés e/ou francés.-

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Bledsoe, A. H. e Payne, R. B. (1991): Encyclopaedia of Animals: Birds. (Forshaw, J. ed.) Londres: Merehurst Press. ISBN 1-85391-186-0. Summers-Smith, J. Denis (2009): "Family Passeridae (Old World Sparrows)". In del Hoyo, Josep; Elliott, Andrew e Christie, David. Handbook of the Birds of the World. Volume 14: Bush-shrikes to Old World Sparrows''. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-96553-50-7.

Outros artigos Paséridos Paseriformes

Ligazóns externas Vídeos de pardais (xénero Passser) en Internet Bird Collection

Categoría:Paséridos