José Boente Sequeiros, nado na Esfarrapada (Salceda de Caselas) o 2 de setembro de 1860 e finado en Pontevedra o 18 de xaneiro de 1944,José Boente Sequeiros- Aquel muchacho de Esfarrapada, Salceda de Caselas, que gobernó siete provincias foi un xornalista, avogado e político galego.

Traxectoria Fillo de José Santiago Boente Leiras, mestre natural do Porriño. Estudou o bacharelato no Instituto de Pontevedra e colaborou en El Estudiante. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela (1881-1885). Instalou bufete de avogado en Pontevedra, e chegou a ser Decano do Colexio de Avogados con Manuel Portela Valladares como tesoureiro. Como empresario creou unha sociedade para a fabricación de fariñas e pan, e foi accionista da Sociedad Naviera del Noroeste en Marín. Foi tamén redactor xefe do Diario de Pontevedra. miniatura|Retrato en Vida Gallega, 1910. Vinculado ao Partido Liberal e dirixente dos partidarios de Montero Ríos sendo un dos apoios de Eduardo Vincenti, foi deputado provincial (1898-1930) e o 24 de abril de 1901 foi elixido presidente da Deputación de Pontevedra. Formou parte da comisión redactora do apéndice de dereito foral galego para o Código Civil. En 1907 promoveu o periódico El Progreso e colaborou no Diario de Pontevedra. Foi gobernador civil de Cáceres (1905), Pontevedra (1905-1907 e 1909-1911), Zaragoza (1911), A Coruña (1916), Sevilla (1918), e As Palmas (1919). Foi deputado provincial polo Colexio de Avogados en 1930.

En agosto de 1940 renunciou ao cargo de maxistrado suplente.

Casado con Carmen Álvarez, foi pai do enxeñeiro César Boente Álvarez,El Progreso, 24-8-1920, p. 3. do xornalista e escritor José Boente Álvarez e de Joaquín Boente (finado en 1887). O seu irmán Plácido Boente Sequeiros estivo emigrado na Arxentina. (2008). "Cambio e continuidade migratoria: de Salceda de Caselas a América (1861-1920)", Estudos Migratorios, Vol. I, núm. 2. p. 103-129.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

: "El asesinato de César Boente", Diario de Pontevedra, 6 de agosto de 2017 .

Categoría:Presidentes da Deputación de Pontevedra Categoría:Gobernadores civís de Cáceres Categoría:Gobernadores civís de Pontevedra Categoría:Gobernadores civís de Zaragoza Categoría:Gobernadores civís da Coruña Categoría:Gobernadores civís de Sevilla Categoría:Gobernadores civís das Palmas Categoría:Nados en Salceda de Caselas Categoría:Nados en 1860 Categoría:Finados en 1944 Categoría:Avogados de Salceda de Caselas Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela