Francisco Javier Martínez de Arce Enríquez Sarmiento de Valladares, VI Marqués de Valadares e VI Vizconde de Meira, nado en Ourense o 12 de agosto de 1808Traslado de las capitulaciones matrimoniales de Francisco Javier Martínez Enríquez, VI marqués de Valladares, con Joaquina Montenegro y Ponte e finado en Vigo o 19 de xaneiro de 1887Necrolóxica en La Correspondencia de España, 26-1-1887, p. 4, foi un político galego.

Traxectoria Foi fillo de Francisco Javier Martínez de Arce Noguerol e de María de los Dolores Enríquez Sarmiento de Valladares Correa, que casaron en Ourense en 1785. Foi oficial de Infantaría. Foi elixido deputado polo Reino de Galicia (1820-1821), pola provincia de Ourense (1834-1836), cargo desde onde defendeu a capitalidade de Vigo e pola provincia de Lugo (1837). Foi gobernador e presidente da Deputación de Pontevedra (1836). Foi alcalde de Vigo (1843-1844) e foi nomeado senador vitalicio (1846-1847).

Mercou a Illa de Toralla.Isla de Toralla. Historia en isladetoralla.com. Vida persoal Casou en Pontevedra con Joaquina Montenegro Ponte o 4 de xaneiro de 1834, e foi pai de Joaquín Martínez Montenegro e de dúas fillas, María del Carmen, que casou con José Elduayen e Dolores, con Evaristo Pérez de Castro Brito.

Herdou os seus dous títulos nobiliarios do seu avó materno Martín Benito Enríquez Sarmiento de Valadares. En 1871 cedeulle o vizcondado de Meira ao seu fillo Joaquín. No marquesado de Valadares sucedeuno a súa neta Milagros Elduayen Martínez.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Illa de Toralla Ligazóns externas Ficha no Senado Persona - Martínez Enríquez, Francisco Javier (1808-1887) Portal de Archivos Españoles. Ministerio de Cultura y Deporte .

Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Presidentes da Deputación de Pontevedra Categoría:Senadores de Galicia Categoría:Alcaldes de Vigo Categoría:Nados en Ourense Categoría:Finados en 1887 Categoría:Marqueses de Galicia